No día de onte, tal e como xa vos informamos, os xogadores do Depor pasaron as pertinentes probas analíticas e antropométricas ola mañán para logo pola tarde dar comezo aos adestramentos coas caras novas do adestrador Antonio Hidalgo e os seus axudantes así coma as das duas incorporacións Lucas Noubi e Arnau Comas, este último xunto con José Ángel foron os únicos que adestraron aparte. José Ángel ven dunha operacón de pubis un mes antes de acabar a liga e o novo non se sabe o motivo. Polo que respecta ao resto dos lesionados do final de tempada, Mella, Eddahchuri, Ximo, Yeremay…adestraron co grupo de 29 que saltaron o campo o que fai ver que xa veñen recuperados das suas doenzas.
O clube ven de enunciar un novo amigable, será contra o Ourense CF na disputa do “II Memorial Miguel Ángel”, e terá lugar no Estadio do Couto o vindeiro 29 de xullo a partires das 20:00 horas e xa temos o prezo das entradas que será de, na Tribuna, 15 euros, Preferencia, 10 euros, e nenos e nenas menores de 12 anos, 5 euros en ambas as bancadas.
O primeiro amigable será en Santiago
A falla de máis encontros, xa que como mínimo falta o Teresa Herrera, o primeiro será ante o Compostela o vindeiro 23 de xullo no Estadio Vero Boquete a partires das 20:30 horas, un encontro de caracter benéfico posto que toda a recadación irá destinada á Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia.
As entradas sairán á venda online o vindeiro luns 14 de xullo na páxina web oficial da SD Compostela.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”