O NUMANCIA TAMÉN PIDE O CSD E A RFEF A PARALIZACIÓN DA SEGUNDA ATA QUE SE RESOLVA O “CASO FUENLABRADA”.

 

O CD Numancia, outro dos damnificados polas desfeitas de Javier Tebas e o seu Fuenlabrada, fai unhas semanas pedía que se resolvese o “Caso Fuenlabrada” cunha Segunda División con 24 equipos e no día de onte mandaba unha misiva a RFEF e o Consello Superior de Deportes, (CSD), solicitando a paralización da Segunda División ata que se resolva o “Caso Fuenlabrada” que extrañadamente estase a alongar demasiado, todo en beneficio do único infractor, no que a clubes se refire, o Fuenlabrada, que xa debería ter sido descendido e sancionado fai semanas, pols neglixencias provocadas no eido deportivo e no sanitario.

A pasada semana, tal e como vos informamos, o RC Deportivo tamén pideu a suspensión cautelar da Segunda División, e a Asociación de Futbolistas, (AFE), pideu que se faga unha liga con 26 equipos. Javier Tebas, outro dos grandes culpables de todo o que pasou e está a pasar, e para o cal o RC Deportivo solicitou a inhabilitación, por duas veces ao CSD, que polo de agora non deu resposta a nada, como se esto non fora con eles, e coas neglixencias que fixo o presidente da Liga e o Fuenlabrada. Tebas ten planeado realizar o sorteo da vindeira campaña mañán luns, sen Deportivo e Numancia e co Fuenlabrada na parrilla, todo nunha manobra máis de ataque a ambos clubes e de apoio o Fuenlabrada no que ten intereses deportivos, familiares e económicos, como se demostrou en numerosas ocasións. Un calendario que terá que aprobar a RFEF e que podería declinalo no prazo de 10 días.

Estaba previsto que a liga comezase o 12 de Setembro, pero falta saber se se da curso a petición de Deportivo e Numancia de paralización cautelar ata que se arranxe o lío creado por Tebas e o seu Fuenlabrada.

 

O DEPOR COMEZA MAÑÁN OS ADESTRAMENTOS

Tralas probas médicas de onte o Depor comeza mañán luns os adestramentos en Abegondo. Nestes intres conta con 15 xogadores e o ambente é de incerteza por ver a categoría na que se xogará a vindeira tempada.

Fede Cartabia, Álex Bergantiños, Vicente Gómez, Eneko Bóveda, Mujaid, Salva Ruiz, Somma, Keko, Uche, Gerard Valentín e Borja Galán, así coma os canteiráns Gandoy, Valín, Juan Rodríguez e Alberto, xa fixeron as probas médicas e adestrarán mañán as órdes de Fernando Vázquez.

Dani Giménez, Gaku, Claudio Beauvue e Rolan iranse incorporando nos próximos días.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies