Álvaro a porta do seu local cos galardóns.
Que Muxía está de moda para ir de comida ou cea é unha realidade, pero tamén o é que é por todos os que traballan na hostalaría muxiana con locais renovados, e con cartas seleccionadas con artigos de primeira calidade. O noso colaborador da web e cliente de produtos do mar, Álvaro Rodríguez, chef do restaurante “A Lonxa d´Álvaro”, ven de recibir por tercer ano consecutivo a menciáon na Guía Michelín, así coma un novo “solete”, galardón recoñecemento que da a Guía Repsol.
A nosa máis cordial noraboa para Álvaro, a sua dona María, a sua nai Lita, e a tódolos que traballan o seu carón e fan posible que o seu local esté antre os recomendados do noso pais.
A nosa recomendación de que visitedes o seu local para disfrutar dos produtos da nosa terra, do noso mar e algún exótico, así coma os locais dos tamén colaboradores e clientes nosos, dos que tedes a información dos mesmos o final de cada nova que poñemos, así coma na portada da web.
-Foto : Álvaro Rodríguez
-Texto : Xosé Búa “Pirata”