Tivo erros grandes Ian Machkay no encontro de onte no que pechamos de maneira triste a tempada, como tristes foron cáseque tódolos encontros de fora da casa. Pero errar e de humáns, namentras que insultar é de inhumáns, e non se pode levar a frustración ao insulto e ao acoso, e as ameazas.
Ian Mackay sempre no noso equipo, e a xente da tralla, mellor fora. Todo o noso apoio ao noso capitán, que teña en conta que eses que o insultaron e amezaron non son deportivistas, son xente sen sentido nen respeto. Respeto polo grandísimo traballo de entrega e corazón que Ian ven levando a cabo dende que deixou categorías superiores, para baixarse o barro a defender o noso escudo, como deportivista que é.
Onte fixo o peor encontro dende que se uneu as nosas filas?…Pois sí…Durante a tempada mantivo en 17 encontros a porta a cero, e dounos moitos puntos con paradas inverosímiles?…Tamén.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
(Presidente da Peña Deportivista “Os Piratas de Muxía”)