O NOSO APOIO INCONDICIONAL TOTAL CON FERNANDO VÁZQUEZ, CON TODO O QUE DIXO E FIXO, QUE NON SON MÁIS CA VERDADES TRAS UN NOVO ROUBO.

Fernando Vázquez foi sancionado con 3 partidos.

 

Fernando Vázquez saía no día de onte a sala de prensa do Málaga moi cabreado e así amosaba o seu descontento co seu equipo, por como xogou e con él mesmo por que considerou que se equivocou no plantexamento : “Estou decepcionado co rendemento do equipo, non dos xogadores. E iso é máis do adestrador. Non estiven acertado hoxe porque o que pretendía non saíu. É posible que me equivocase no que pensaba do partido, ou é posible que me equivocase nalgún xogador a nivel individual”.

Pero tamén se amosou indignado co árbitro, e todos os qu sentimos o Depor, pois non é para menos. Por máis mal que xogásemos o gol dos malaguistas veu por un erro seu, que non veu porque non quixo pois estaba a carón da xogada, ou porque hai fondos escuros por detrás aos que lles conviña máis unha vitoria dos andaluces. Tampouco atendeu as protestas dos xogadores e nen revisou a xogada que daría pé a anular o gol e a pitar unha falta o borde do área o noso favor. A actitude do colexiado cántabro López Toca, que zanxou o dilema amonestando a Mollejo.

Decía Fernando sobre a xogada que : “Eu estaba na bancada, non o aprecio. Pero dinmo os xogadores e daquela todo o mundo a quen pregunto. Unha man, tanto voluntaria ou involuntaria, se a acción acaba en gol debe ser anulada”, e sobre o colexidao que : “Recoñecendo o mal partido noso, para min é incrible, alucinante que un árbitro que é consciente da man, pola explicación que lle dá aos xogadores, se ten dúbidas, por que non o vai a ver ao VAR?. Aquí hai intereses moi importantes. Por encima dos méritos deportivos están os intereses do Deportivo, dos xogadores, do seu adestrador, da afección. Estou indignado por isto e molesto por como xogou o meu equipo hoxe”.

Tan indignado estaba o adestrador deportivista que no tunel de vestiario protestoulle o árbitro a xogada que foi clave e López Toca recolleu en acta que : “unha vez finalizado o partido e cando estabamos dentro do túnel de vestiarios, D. Fernando Vázquez Pena, identificado como o adestrador do Real Club Deportivo da Coruña mediante a súa licenza, dirixiuse a nós de viva voz protestando un lance do xogo de forma airada, seguíndonos ata o acceso ao noso vestiario e tendo que ser suxeitado por membros do seu equipo”.

Ademáis este insultante e mal árbitro, que non será sancionado por estragar un partido e unhas ilusións, amonestou o médico do depor, Richard Barral, por supostamente, “facerlle apreciacións de unha xogada”.

Fernando Vázquez segundo nos informan foi sancionado polo que recolleu na acta López Toca con 3 encontros. Nen fai duas xornadas foi sancionado o colexiado por un erro monumental seu, que incideu no resultado, nen desta volta será sancionado o colexiado cántabro por tamén, errar nunha xogada que influe no resultado e que puido, (como na anterior ocasión en Tenerife, Arias Ortíz), revisar no VAR. Terceiro encontro, dos derradeiros 4) no que perdemos puntos por non revisar o Var os colexiados.

Pola sua banda Borja Valle tamén foi taxante en “Zona Mixta”, de que foi man e que o árbitro a veu e díxollo a eles : “observa que hai man, recoñece que hai man pero a explicación que nos dá é que é un roubo en defensa e que non é considerada como man. Temos as nosas dúbidas. Cada un defende o seu. Nós non somos capaces de comprender porqué non se pita man porque é un ataque prometedor, un dous para dous que propicia o gol do Málaga. Está claro que o VAR é unha arma moi boa pero está a facer máis dano que beneficio. Sería bo que cada semana viñesen darnos charlas de LaLiga explicándonos o regulamento porque dá a sensación de que cada semana se aplica dunha forma”.

O noso apoio total e incondicional a Fernando Vázquez, que ten toda a razón do mundo en cabrearse e en decir o que sente, pois defende os intereses seus, do equipo, do clube e dos afeccionados.

 

ROLDA DE PRENSA

 

 

-Vídeo : LaLiga SmartBank

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.