O NEFASTO COLEXIADO VÁZQUEZ FIGUEROA RECOLLEU NO ACTA QUE EXPULSOU A VICENTE POR DECIRLLE : “HOXE NON CHE PODO FELICITAR PORQUE NON O FIXECHES BEN”.

Vázquez Figueroa tivo un trato diferencial no Depor-Girona.

 

Aqui tedes o acta arbitral do nefasto e malinencionado colexiado do encontro antre o Depor e o Girona do pasado venres 14 de Febreiro. Un choque no que este “elemento” sevillano deulle un gol aos cataláns que tiña que ser anulado por falta a Dani Giménez, non expulsou a Stuani con 2-1 no marcador, cando lle deu un cobadazo na cara a Peru Nolaskoain, tendo xa un cartón e habendo visto a xogada e pitado falta, nen cando celebrou o 2-2 do penalti inexistente que pitou o VAR, xa que o dianteiro visitante foi celebralo incitando ao público, según afeccionados de Preferenza Lateral, “facendo un xesto cas mans nas suas partes”.

Durante todo o partido Vázquez Figueroa tivo un criterio totalmente diferente a hora de pitar faltas e de ensinar cartóns. Deixou de sinalar moitas faltas a favor do Depor, en especial sobre Sabin Merino, e deixou de ensnarlle cartóns aos visitantes, ata en entradas por detrás, cortar o balón coa man, ou cortar contragolpes. Pola contra si lle ensinou a Aketxe, por unha falta simple, ou a Mollejo, sendo o madrileño cosido a faltas na banda, ata deixarlle os tacos marcados, o propio xogador dixo en “Zona mixta” que : “A hora de falar con eles non nos tiña tanto en conta ou tanto respecto como a eles”.

Álex Bergantiños tamén comentou o malestar pola acuación arbitral : “Xa non digo polo penalti. Á hora de medir certas accións, faltas, cartóns. Non estivo todo o xusto que debese hoxe…Os pequenos detalles prexudicáronnos. No primeiro gol hai unha falta a Dani Giménez. Stuani podía ter un cartón máis durante o partido. Imos tentar non darlle máis voltas”.

O capitán deportivista quedou abraiado cando lle ensinou Vázquez Figueroa o cartón a Vicente, do que dixo que : “é un buenazo, pasaba por alí e tocoulle”, con respecto ao cartón que lle ensina, que segun o “elemento” expulsouno por decirlle : “Hoy no has estado bien, no te puedo felicitar, muy mal muy mal, hoy muy mal”. Siendo advertido previamente que cesara su actitud. Pola contra nas imaxes non se ve que diga nada o xogador e parece verdadeiro o que dí Bergantiños, “pasaba por alí e tocoulle”, non o que di o árbitro e tal como podedes ver na acta.

Aquí tes o acta arbitral do patético colexiado, que xa non é a primeira vez que minte na sua acta nun encontro en Riazor, coma cando expulsou a Luisinho nun Depor-Hércules cunha arbitraxe similar a do sábado, no que foi quen de oir dende 10 ou 15 metros, cun estadio con máis de 20.000 afeccionados protestando que non derá un saque de curruncho e o tranformara en fora de porta : “Esto es un robo, esto es un robo, sinvergüenza, de aquí no sales”, e iso que Luisinho falaba en portugués.

 

ACTA DO DEPOR Vs GIRONA

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.