O MUXIÁN RAÚL LEMA, XOGOU NOS DOUS AMIGABLES QUE LEVA DISPUTADO A SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB15, AMBOS CON VITORIA.

Raúl Lema titular contra México.

 

Como xa vos apuntábamos en primicia fai uns días, o xogador muxián Raúl Lema, fora convocado ca Selección Española Sub-15 para xogar 3 amigables na localidade alacantina de Alfáz de Pi. O primeiro deles era contra México, un choque que se disputou o pasado martes e que foi o debút do muxián acadando un fito histórico para o fútbol muxiáne para o da Costa da Morte, no que se refire ao fútbol masculino. No feminino temos a carballesa Elena Vázquez, (08/10/2007),  xogadora do RC Deportivo, Subcampioa de Europa ca Selección Española Sub-17.

Raúl ante México foi saltou dende o banqullo no minto 76 e xunto cos seus compañeiros derrotaron o combinado mexicano por 4-0. Xa no segundo encontro, disputado no día de onte, o xogador costeiro saltaba o terreo de xogo omo titular i era sustituido no minuto 64 nun choque no que os españois a pesares de gozar de moitas ocasións acababan gañando por 1-0, que o acadaron a pase do xogador muxián.

O periplo de 3 amigables para Raúl Lema rematará este vindeiro Domingo 1 de Nadal nun enfrontamento ante Emiratos Árabes e que comezará a partires das 11:00 horas televisado pola canle de YouTube da RFEF.

Raúl Lema cumplirá 14 anos o vindeiro 3 de Nadal pero a sua enorme calidade e desparpaxo fan que sempre xogue en categorías superiores a sua idade coma neste caso e coma no RC Deoprtivo que o ten xogando no San Tirso, clube afiliado da canteira deportivista, e faino nos Cadetes B. Chegou o equipo deportivista dende o Escolas Luis Calvo, (Carballo), en idade benxamíns para xogar no Fabril FV Benxamín na 2018/19. Nesta tempada no San Tirso xogou 8 encontros na División de Honra Cadete, nos que 7 foron como titular e acadando 2 goles.

 

-Foto : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies