O MUXIAN RAÚL LEMA, VIAXA A MADRID COA SELECCIÓN GALEGA SUB 16 PARA DISPUTAR AS FINAIS PLATA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS.

Raúl Lema en acción coa Galega.

No día de hoxe partían hacia Madrid os rapaces que conforman a Selección Galega Sub 14 e Sub 16, na segunda e apesares de ter 14 anos viaxa o muxián Raúl Lema xogador do RC Deportivo que milita o clube asociado San Tirso Cadete con xogadores de maior edade que él, como acostuma a pasar para explotar a sua calidade e como pasa tanto na Selección Galega coma na Española ca que xogou fai uns días o seu quinto encontro.

A Selección Galega Sub 14 xogamañán mércore s15 de Maio ante o combinado do Principado de Asturias no Campo B da Cidud del Fútbol de Las Rozas, 8Madrid), de pasar a final xogará ante o vencedor do Canarias-Navarra o sábado a partires das 10:00 horas.

A Sub 16 na que xoga o muxián Raúl Lema medirase o xoves 16 de Maio a partires das 10:00 horas o Región de Murcia nas semifinais e de pasar xogaría o Domingo 18 de Maio ante o vencedor do Castilla/La Mancha-Aragón o Domingo 18 de Maio a partires das 10:00 horas. 

Todos os partidos, tanto Sub 14 como Sub 16, serán retransmitidos en directo na canle oficial de YouTube da RFEF, o que permitirá que os seareiros gallegos poidan disfrutar da evolución dos nosos.

 

 

-Foto : Javier Lema/RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”