Manuel Figueiras amosouse contento co muxián.
O xogador muxián Raúl Lema, (03/12/2010), ven de rematar a pretempada co Xuvenil “A” do RC Deportivo que adestra o mazariquense Miguel Figueira, que quedou moi contento do traballo realizado polo mediocentro muxián, que marcou un gol e deu varias asistencias.
Non temos o dato pero poucas veces un rapaz de 14 anos xogaría no primeiro equipo xuvenil deportivista. Ata que cumpra os 15 anos a principios de decembro terá que xogar no cadete, para logo moi posiblemente enrolarse co xuvenil.
Raúl, un talentoso xogador dos que regatean nunha baldosa, sempre xogou en equipos de rapaces maiores ca él, e ata debutou o ano pasado ca Selección Española Sub 15, con destacada participación, días antes de cumprir os 14.
Clubes e formación
-
Iniciouse no CF Muxía e Bergantiños, e tamén xogou no Fisober de fútbol sala e na selección galega de futsal ca que foi subcampión de España.
-
Actualmente pertence á canteira do RC Deportivo, xogou no San Tirso, clube asociado deportivistas e este ano debutará co Cadete “A”.
Convocatorias e seleccións
-
Selección Española Sub-15: foi convocado 5 veces para o combinado nacional nesta categoría. Ademais de ser asiduo as seleccións galegas, tamén participou na Selección Galega Sub-16 con 15 anos.
Logros e actuacións destacadas
-
No campionato “División de Honra Cadete”, Raúl Lema debutou co Cadete A do Deportivo xogando con rapaces máis vellos que el. Naquel campionato proclamáronse campións cando aínda faltaban varias xornadas, e el participou marcando un gol e dando unha asistencia.
-
Xogou 5 encontros ca Selección Española Sub 15 e no partido amistoso entre España e Marruecos, xogou como titular e estivo presente nos momentos clave, sendo importante no xogo do equipo.
-Fotos : Javier Lema
-Texto : Xosé Búa “Pirata”