O MUXIÁN RAÚL LEMA, PECHOU O SEU DEBÚT NA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB 15 CUN PLENO DE VITORIAS NOS 3 ENCONTROS DISPUTADOS.

Raúl Lema no centro da imaxe co 21, de titular ante os árebes.

O muxián Raúl Lema, canteirán do RC Deportivo e que no día de mañán, 3 de Nadal, cumplirá 14 anos, debutou historicamente para o fútbol costeiro masculino, na Selección Española Sub 15 para disputar 3 amigales na localidade alacantina de Alfaz de Pi. Xogou de maneira destacable nos 3 encontros, e participou activamente nos tres dinamizando o xogo dende o medio do campo e asistindo en goles.

No primeiro encontro o xogador muxián participaba na vitoria sobre México por 4-0, e na vitoria pola mínima ante Marruecos era o asistente do gol, e xa no derradeiro encontro tamén participaba activamente na vitoria sobre Emiratos Árabes por 2-0, na xogada do primeiro e de asistente no segundo.

 

-Foto : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies