O MUXIÁN, RAÚL LEMA, FINALISTA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ALEVÍN, TRAS DERROTAR CA SELECCIÓN GALEGA ALEVÍN 5-1 A CASTILLA-LA MANCHA EN SEMIFINAIS.

Raúl Lema, (1º esq. abaixo), cos compañeiros finalistas.

 

Trala caida da Selección Alevín Feminina, e a Benxamín Masculina, na que estaba o carnotán Rui Caamaño, (que caeron por golaveraxe), a expedición galega nos Campionatos de España Territoriais de Fútbol Sala, quedáballe a “bala” do equipo aleevín masculino, no que milita o muxián, Raúl Lema, xogador de futsal do Fisober FSF, e de fútbol do RC Deportivo Alevín, e os rapaces non fallaron.

Se o luns derrotaban a Murcia por 6-2, desta volta o rival para pasar semifinais era Aragón, e os rapaces dirixidos por Gael Madarnas, non fallaron e repetiron resultado, derrotando aos aragoneses por 2-6. O rival en semifinais era Castilla-La Mancha, selección a que derrotaban por 5-1.

Os rapaces galegos terán como rival na Gran Final a Selección de Cataluña que derrotaban a de Madrid por 6-1, nun choque que se xogará mañán venres a partires das 13:15 horas en El Ejido, (Almería).

A Costa da morte conta con 4 representantes no Campionato de España de Seleccións Territoriais de El Ejido.

Como ver o partido da final

En principio a Federación Catalana de Fútbol Sala ten anunciado o encontro de mañán ás 13:15 horas, neste enlace : https://vimeo.com/697017254.

 

-Foto : RFGF

-Texto : piratasdemuxia