O xove talento muxián do RC Deportivo, Raúl Lema foi convocado por Herán Pérez para 3 encontros da Selección Española Sub16 para a disputa do 21 ó 26 de febreiro do 2Torneo Desarrollo UEFA”, que se disputará en Turquía e que terán como rivais os rapaces da Española as seleccións de Francia, Inglaterra e Dinamarca.
Os rapaces dos que Raúl Lema é o único representante de equipos galegos, concentraranse a partires do vindeiro luns 16 de febreiro en Los Ángeles de San Rafael, (Segovia), onde adestrarán ata o 19 para dispois viaxar a Manavgat, (Turquía).
O primeiro encontro será o 21 de febreiro ante Francia a partires das 10:15 (hora española). Logo xogarán ante Ingleterra ó 23 a partires das 15:15 horas, para rematar o torneo competindo ante Dinamarca ´0 26 a partires das 13:45. Os encontros serán televisados pola canle da RFEF e haberá que estar atentos as trasmisións da canle de TDT, Teledeporte, (TDP).
Nova pedra de toque para o xove muxián Raúl Lema que ven de facer a pasada fin de semana, tal e como vos informamos, un tremendo campionato ca Selección Galega Sub16, sendo cos seus 15 anos a estrela do ascenso a Primeira División de Seleccións Autonómicas Sub16, con 3 goles, asistencias e un xogo alabado por todos.
.
-Foto : RFEF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”