O MUXIÁN RAÚL LEMA, CONVOCADO PARA 2 ENCONTROS CA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB15 E XOGA MAÑÁN CA SUB16 GALEGA.

Raul Lema no seu debut ca Selección Sub15.

O muxían Raúl Lema Díaz, (03/12/2010), cadete de primeiro ano do RC Deportivo, ven de ser convocado de novo pola Selección Española Sub 15 para unha 2 encontros ante a selección de Escocia que terán lugar o 29 de Abril a partires das 18:00 horas e o 1 de Maio deste 2025 ás 11:00 horas. Ambos encontros xogaranse na “Ciudad del Fútbol de Las Rozas”, (Madrid).

O habilidoso a vez que talentoso cadete do RC Deportivo que xoga no San Tirso polo combenio que ten o clube deportivista e poder dar máis competitividade aos seus xogadores destacados, debutou coa Sub 15 española un 26 de Novembro do 2024, poucos días antes de cumprir os 14 anos debutou con 3 amistosos, o primeiro ante México, (4-0), o segundo ante Marruecos, (1-0), e o terceiro ante Emiratos Árabes, (3-0), sendo un dos máis destacados do combinado español despregando moi bo xogo e asitindo en varios goles.

 

Raúl Lema ca Selección Galega Sub 16

O xove muxián que xoga sempre con rapaces que teñen máis edade con él xogou o pasado 9 de Abril ca Selección Galega Sub16, (cadete), un amigable ante o Conxo Santiago Xuvenil no Municipal de Urdilde, (O Pino), choque no que caeron por 2-0, e mañán xogarán ante o Alondras Xuvenil, no Morrazo a partires das 19:00 horas.

-Fotos : Javier Lema

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies