Raúl este verán nun torneo en Francia co RC Deportivo.
O xove xogador muxián do RC Deportivo Infantil, Raúl Lema, (Muxía-3/12/2010), ven de ser convocado por cuarta vez coa Selección Galega Sub 14 para un amigable o vindeiro mércores 18 de Outubro na Madroa ante o Celta da Liga Galega Cadete a partires das 19:00 horas.
Raúl é unha das perlas da canteira deportivista a que chegou como benxamín con 7 anos, e que ademáis foi subcampión de España de fútbol sala coa selección galega.
O seu excelente trato co balón levanta a admiración de afeccionados deportivistas e rivais, Raúl pode decirse que é un xove Yeremay galego. Con él estarán na selección os seus compañeiros de equipo, Nikolay Georgiev, Sergio Cortizo e Esteban Ruiz.
-Foto : Javier Lema
-Texto : Xosé Búa “Pirata”