O MUXIÁN RAÚL LEMA, CONVOCADO CA SELECCIÓNS ESPAÑOLA SUB 15 PARA 3 AMISTOSOS.

Raul Lema xa xoga cos cadetes de segundo ano do Depor.

 

O muxían Raúl Lema Díaz, (03/12/2010), cadete de primeiro ano do RC Deportivo, ven de ser convocado pola Selección española Sub 15 para unha concentración antre o 25 de Novembro e o 1 de Nadal, durante a que xogarán 3 amistosos, o primeiro ante México, 826/11 ás 11:00 horas), o segundo ante Marruecos, (28/11 ás 11:00),  e o terceiro ante Emiratos Árabes, (01/12 ás 11:00). A concentración e os encontros serán en Alfaz de Pi, (Alicante).

 

Raúl ca Selección Galega.

 

Raúl Lema, que ven de xogar a pasada semana coa Selección Galega, na que é asíduo, é unha das perlas da canteira deportivista e atesoura un gran desparpaxo no seu xogo facendo cousas imposibles para a maioría dos xogadores e menos nestas edades. Raúl é o primeiro xogador da Costa da Morte que chega a estas alturas a nivel nacional. De equipos galegos tan so vai ademáis do muxián, Hugo Chamadoira do Celta de Vigo.

Raúl xoga no cadete de segundo ano do RC Deportivo e de nada que cumpla os 15 anos de seguro que se verá no xuvenil deportivista.

-Foto : Javier lema

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies