Raúl Lema, o talento muxián do Dépor, convocado coa Selección Galega Sub-16
O futbolista muxián Raúl Lema, xogador do RC Deportivo, foi convocado unha vez máis pola Selección Galega Sub-16 para participar na primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se disputará en Poio (Pontevedra) do 31 de outubro ao 2 de novembro.
A cita desenvolverase nos campos de A Seca e A Reiboa, escenarios que acollerán tamén os partidos da categoría Sub-14. As xornadas serán integramente de mañá, cun formato que repartirá os encontros das dúas categorías: os Sub-14 abrirán cada día ás 10:00 horas, mentres que os Sub-16 xogarán ás 12:30.
Durante esta primeira fase, Galicia enfrontarase a Canarias, Melilla e Asturias, tanto en Sub-14 como en Sub-16. Todos os partidos poderán seguirse en directo a través da canle de YouTube da RFEF.
A presenza de Raúl Lema nesta convocatoria é un novo recoñecemento ao talento dun xogador que, con só 14 anos, é xa un habitual nas categorías inferiores da selección galega e tamén participou en varios encontros coa Selección Española.
O deportivista destaca pola súa calidade e madurez futbolística, que lle permiten competir habitualmente con xogadores de maior idade. De feito, este verán realizou a pretempada co Xuvenil A do RC Deportivo, a pesar de ser cadete de primeiro ano, e todo apunta a que Miguel Figueira contará con el en competición oficial en canto cumpra os 15 anos.
CALENDARIO
Venres 31 outubro
SUB-14 – 10:00
-
Galicia-Canarias (A Seca)
-
Melilla-Asturias (A Reiboa)
SUB-16 – 12:30
-
Galicia-Canarias (A Seca)
-
Melilla-Asturias (A Reiboa)
Sábado 1 novembro
SUB-14 – 10:00
-
Asturias-Galicia (A Seca)
-
Melilla-Canarias (A Reiboa)
SUB-16 – 12:30
-
Asturias-Galicia (A Seca)
-
Melilla-Canarias (A Reiboa)
Domingo 2 novembro
SUB-14 – 10:00
-
Galicia-Melilla (A Seca)
-
Canarias-Asturias (A Reiboa)
SUB-16 – 12:30
-
Galicia-Melilla (A Seca)
-
Canarias- Asturias (A Reiboa)
-Foto : Javier Lema
-Texto : Xosé Búa “Pirata”





