O MUXIÁN, RAÚL LEMA CAMPIÓN DA DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL CO RC DEPORTIVO DESPOIS DE SELO FAI UNHAS SEMANAS CO CADETE A.

O Infantil deportivista con Raúl arriba a carón do porteiro.

 

O muxían Raúl Lema, unha das perlas da canteira do RC Deportivo, un verdadeiro virtuoso co balón e que fai tres semanas proclamábase campión co Cadete A deportivista xogando con rapaces dous anos maiores, e marcando ademáis no choque que lles deu o título e dando unha asistencia de gol. No día de onte precisaban un punto ante o UD Santa Mariña e acadábano empatando a dous, (2-2). Con este punto o rapáz, xunto cos seus compañeiros proclamábanse campións da División de Honra de infantís, redondeando un ano excelente na “Casa Depor”, dende o primeiro equipo e o feminino, ata os máis pequenos, sumando practicamente a totalidade dos títulos en xogo.

 

 

No descanso do Depor-real Unión de Irún saltaron o terreo de xogo  os rapaces deportivistas de xuvenís, cadetes e infantís, e da man do presidente da RFGF o Xuvenil A recolleu ou título de campión da División de Honra; o Xuvenil B, da Liga Nacional; o Cadete, da División de Honra; e o Infantil, o citado tamén na División de Honra.

A nosa noraboa a todos eles, en especial ao noso veciño e o desexo que sigan crecendo a carón das nosas cores.

 

Os infantís onte no vestuario onte en Vigo.

 

 

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”