O MUXIÁN RAÚL LEMA APROXIMA A SELECCIÓN GALEGA SUB16 A PRIMEIRA DIVISIÓN TRAS FACER UN DOBRETE NA VITORIA ANTE CANARIAS, (2-1).

O xove muxián Raúl Lema, que compite co RC Deportivo Xuvenil foi a estrela do encontro antre a Selección Galega Sub16 e a Selección de Canarias  no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub 16 que se está a xogar en Arteixo, Miño e A Coruña. Estes encontros son na loita por subir a Primeira División do Campionato Nacional.

O papel de Raúl foi decisivo e espectacular, fixo os dous goles da vitoria dos rapaces dirixidos por Rubén López no Campo de Fútbol de Pastoriza. O primeiro chegaba no minuto 6 de encontro, gol que neutralizaban os canariso por medio de Jonés ao trenformar n penalti no 35. Raúl sacaba a bariña máxica no 52 e facía un auténtico golazo de libre direto por toda a escadra no 52 para darlle os 3 puntos a Galega.

Raúl e os seus compañeiros repiten o vindeiro Domingo contra a Seleción de la Rioja a partires das 12:30 e televisado pola canle da RFEF.

Golazo de libre direto

 

.

-Fotos : RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeo : Javier Lema

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies