Raúl Lema é un asíduo das seleccións galegas e da española.
O xove talento muxián Raúl Lema, está convocado para mañán xoves 6 de Febreiro no Campo da Braña en Miño a partires das 17.00 horas para un adestramento de cara a preparación dos Campionatos de España de Seleccións Territoriais Sub 16. Raúl que cumpleu fai un mes os 14 anos e debutaba antes de cumplilos ca Selección Española Sub 15, xogará na galega, da que xa é habitual, pero neste caso con 14 anos xogando con rapaces de 16 anos e máis.
Os encontros desta eliminatoria será o venres a partires das 11:30 horas contra Ceuta e o sábado 7 de Febreiro contra Castilla la Mancha a mesma hora, ambos encontro no Campo da Braña, (Miño).
Raúl Lema que xoga no San Tirso afiliado do RC Deportivo ao que pertence terá con él aos compañeiros do equipo : Nikolay Georgiev, Roi Castro e Borja Chao, así coma os do Deportivo, Borja Díaz, Gael Irimia, Mauro Valeiro, Ramón Blanco e Samba Wade. Completan a convocatoria : Rodrigo Morales, (Areosa), Lucas Eiriz, Hugo López, Hugo Chamadoira, Pablo Patricio e Pedro Garcia, (Celta).
No mesmo Campo da Braña tamén xogará a Selección Galega Sub 14.
-Foto : Javier Lema
-Texto : Xosé Búa “Pirata”