Segundo puidemos ler en varios medios, (La Voz de Galicia, Riazor.org, Coruña Deportiva), o RC Deportivo vai facer un cambio relevante na súa estrutura de canteira tras confirmarse a saída do muxián Martín Castiñeira, ata o de agora responsable da área de captación de fútbol 11. Martín exercía esta función desde 2021, e pon fin a máis de catro anos de dedicación no club deportivista.
A marcha do de Quintáns o parecer prodúcese no marco dunha reestruturación interna no departamento de formación. A entidade deportivista non emitiu comunicado oficial, mais todo apunta a que a vacante será cuberta por persoal da casa, nun intento de dar continuidade a un proxecto que aposta pola promoción de talento propio.
Martín Castiñeira chegado á disciplina branquiazul no verán de 2021, de xeito paralelo ao desembarco de Juan Giménez, estando Carlos Rosende como Director Deportivo, Castiñeira asumiu un papel clave no proceso de identificación e seguimento de xoves futbolistas, sendo unha peza importante na configuración do Fabril e das categorías inferiores. A súa proximidade ao fútbol base galego e a boa relación cos distintos axentes da contorna fixérono gañarse un lugar destacado entre os profesionais da base deportivista. Como nós sabemos sempre cunha atención especial ao que aparecese na Costa da Morte tanto no aspecto de xogadores coma na de adestradores, pola sua vinculación.
No seu escrito de despedida publicado nas redes sociais, o técnico muxián cualificou esta etapa como “un soño cumprido”, expresando gratitude polo tempo vivido no club e pola confianza depositada nél. Tivo palabras especiais para o persoal de Abegondo, xogadores e adestradores cos que compartiu día a día. Desexou o mellor ao Deportivo e deixou aberta a porta a reencontros futuros: “Atoparémonos nos campos. Forza Dépor”.
Martín ten Grao en Comunicación Audiovisual, é Técnico Superior en Fútbol nivel III pola Escola de Adestradores do Real Club Deportivo. Antes de desembarcar na secretería técnica do equipo deportivista como coordiandor da base foi técnico en diferentes clubs do fútbol afeccionado coruñés (Unión Sportiva, Santa María del Mar e Orillamar).
-Foto e texto : RC Deportivo