De esquerda a dereita, Ana Mouzo, Paula Fandiño e Fran “Pioto”.
Debido o convenio de filialidade antre o Valdetires Ferrol FSF e o Fisober FSF, e tras ter que abandoar o posto de adestrador Diego Pardo por asuntos persoais, o muxián Fran “Pioto” foille ofrecido o posto, cousa que aceptou fai 3 semanas e non puido debutar mellor, cunha vitoria sobre o Bembrive, (2-4) e outra ante o Ancora d´Ouro de Marín 5-0, no debut na casa e esta pasada fin de semana empataban co Universidad de Salamanca, (2-2), nun encontro aprazado da 2ª xornada, o que leva a estar lider en solitario con 10 puntos ao equipo ferrolán.
Con Fran “Pioto” chegou o Valdetire Ferrol FSF, Ana Mouzo, como segunda adestradora e Dani Carrera, como preparador físico e con eles completa o corpo técnico, Nando, adestrador de porteiras. No que se refire as xogadoras, polo convenio antre o equipo costeiro do Fisober FSF co equipo ferrolán, nas suas filas está a ceense Paula Fandiño, xa que as rapazas Sub 23 fisoberistas, teñen a opción de xogar no equipo ferrolán se os adestradores o visen oportuno, pola condición de filial.
Segundo o adestrador muxián : “O equipo esta ben, continuando o traballo de Diego e co obxetivo de loitar polo ascenso a Primeira División”. A sua compañeira de banco, Ana Mouzo fálanos da adaptación o equipo a cal ve “Ben, cómoda, porque con Fran hai confianza, e sei como traballa”. A vimiancesa que atesoura ao igual ca Fran, unha longa e gran experienza no futsal, tanto na pista como na banda, ve como clave agora mesmo : “Ir coñecendo as xogadoras e a categoría para amoldarnos rápido a elas que a chegada foi de imprevisto”.
A vindeira fin de semana Fran “Pioto” e Ana Mouzo, vivirán o seu primeiro derbi de Ferrolterra ca disputa do Valdetires Ferrol FSF-Comarcal a Fervenza FSF.
-Foto : Fran “Pioto”
-Texto : piratasdemuxia