O MUXIÁN CRISTOBAL EIRANOVA, NON DISPUTARÁ O “RALLY DE NARÓN” POR ASUNTOS PERSOAIS PERO ESPERA ESTAR PARA O DE FERROL.

O piloto muxián Cristoal Eiranova, (09/11/1985-Muxía), estaba inscrito para disputar o “Rally de Narón”, (proba do Campionato de España), que se disputará esta fin de semana pero o final declinou participar o ter un problema de saúde persoal que lle impediría estar o cento por cento, cousa esencial nun deporte coma este.

Cristobal que ten como copiloto a sua dona Alba Espiñeira, tiña moita ilusión neste rally o ser, “un rally da casa para Alba, unha competición moi bonita e que tíñamos moitas gañas de disputalo”. Esta sería a segunda participación para o piloto muxián.

Non todo acaba aquí e ata que se dispute o “Rally de Ferrol”, no mes de Agosto, farán probas fora de Galicia para ir preparándoo, “Toca resetear e ir preparando a cita de Ferrol na que espero estaremos de novo disputando e disfrutando do que nos gusta”.

 

O “traxe” que estreou Cristobal no pasado “Rally da Coruña”.

 

-Foto : Cristobal Eiranova

-Texto : Xosé Búa “Pirata”