O muxían Alberto Caamaño campión galego absoluto de culturismo
Campión nas 3 modalidades de culturismo
Alberto Caamaño Figueroa, (20/05/1994-Quintáns-Muxía-A Coruña), proclamouse o pasado 15 de Xuño campión galego das tres categorías de culturismo, (Principeinates, Classic Physique e Senior), no campionato galego celebrado no “Auditorio Gustavo Freire” de Lugo. Xa fixera un subcampionato na categoría básica en Teixeiro
En principio ía a presentarse en duas categorías pero o ver que se atopaba tan ben decideu probar en todas e gañou as 3 : “Non o creía, saeu todo moi ben. Saín cun físico moito mellor e atopábame moi ben, por iso decidín participar nas 3 e gañeinas”, decíanos Alberto.
Alberto un amante da musculación dende neno decideu meterse niste duro mundo : “Xa dende neno me gustaban os tipos musculosos e fixábame nas películas en actores coma Schwarzenegger. Empecei pouco a pouco, pero sen saber moito e vin que me ía indo ben e seguín”.
O culturista muxián contactou co preparador malpicán Sergio Haz Mato “Karpin Bodybuilding”, e púxose nas suas mans : “Provei con “Karpin” co que contactei para tentar meterme neste mundo e comezamos a adestrar duro e a preparame e competimos na categoría de principiantes e quedei subcampión de Galicia no campionato celebrado o ano pasado en Teixeiro”, coméntanos Alberto.
Non todo foi un camiño de rosas dentro da competición deste duro deporte pois na seguinte cita quedaba 3º en principiantes e 5º en “Classic Physique”, segundo Alberto Caamaño : “Estaba bastante estresado e a cousa non foi ben. Xa eu non me encontraba ben e así foi”.
Non desisteu e presentouse este ano ao “II Campionato Galego FNFT de Culturismo” celebrado como vos decíamos o pasado 15 de Xuño no “Auditorio Gustavo Freire” de Lugo. Comezaban co pesaxe ás 09:00 horas para comezar a competición dende ás 12:00 horas. Alberto atopábase ben e inscribeuse nas 3 categorías, cousa que podía facer posto que era o seu primeiro ano e podía entrar na de “Mensphysique”, (principiantes) e nas outras por peso i edade.
Decía atoparse moi ben, nada que ver co anterior campionato e saeu campión nas 3 categorías : “Prepareime moito mellor, estaba a tope, saín cun físico moito mellor. Non o creía pero gañei nas 3 categorías”.
Agora toca seguir preparándose para seguir crecendo neste “duro deporte”, como él nos comenta : “Este é un deporte moi duro, é unha cousa que me gustaría recalcar. Duros adestramentos, cardio, dieta, o estrés que se acumula…Hai que prepararse duramente tódolos días e con moito sufrimento en tódalas parcelas que tocan para dar a talla”.
O muxián Alberto Caamaño, residente en Quintáns, (Muxía), puxo no mapa galego do culturimos e do deporte en sí ao seu pobo, e a Costa da Morte, amosando que con entrega e tesón todo se pode conseguir.
Dende piratasdemuxia.es a nosa maior noraboa polos logros acadados e que siga trunfando neste e noutros niveis.