O MUXÍA GOLEA AO SONEIRA NUN AMIGABLE PREPARATORIO PARA O INMINENTE INICIO DE LIGA.

O CF Muxía da Primeira Galicia derrotaba ao Soneira da Liga da Costa no Municipal da Arliña, nun choque no que os vimianceses plantaron cara os muxiáns ata a hora de xogo na que se lesionaba o xogador un dos xogadores visitantes. Nese intre os de Sergio “Pataca” deran un paso o fronte e fixéronse donos do encontro e acabaron goleando 7-3 aos de Josiño, que a pesares da derrota amosaron moi boas cousas.

Os muxiáns están a cuaxar unha boa pretempada na que no seu primeiro encontro caían ante o Deportivo Xuvenil B, (2-3), e logo derroraban ao Urdilde, (Segunda Galicia), por 2-3, para logo levarse o “Derbi da Ría” ante o Camariñas FC, (4-1), que xogará cos muxiáns na Primeira Futgal no Grupo 2. No terceiro encontro os da Vila da Barca goleaban ao CF Mazaricos, (6-0), equipo da Liga da Costa, (Segunda Galicia).

Mañán venres 29 de agosto o equipo muxián visitará noutro amigable ao CD Baio no Platas Reinoso a partires das 20:30 horas

O CF Muxía afrontará o seu segundo ano consexutivo na Primeira Futgal que comeza o vindeiro 7 de setembro e visitarán ao SD Tordoia. Nela participan esta tempada xunto cos muxiáns os equipos costeiros : SD Castriz, SCDR Esteirana, SD Fisterra e o debutante Camariñas FC.

1º XORNADA

07/09/2025

Club do mar-Castriz

Vizoño-Arzúa

Praiña-Cire de Melide

Queixas-Bastavales

Esteirana-Cacheiras

Camariñas-Bertamiráns

Boimorto-Racing San Lorenzo

Fisterra-Calo

Tordoia-Muxía

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

AMIGABLES DOS EQUIPOS DO CF MUXÍA

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”