O MUXÍA-FISTERRA DA 2ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL XOGARASE O “DOMINGO DA BARCA” POLA TARDE FEITO QUE NON DEIXA A NINGUÉN INDIFERENTE.

Muxía e Fisterra volven a xogar na Barca.

A Primeira Futgal comeza este Domingo 7 de setembro, tal e como xa vos adiantamos na previa e o primeiro derbi da costa xogarase na 2ª xornada e será un Muxía-Fisterra, tal e como pasou a pasada tempada pero na primeira xornada e disputouse o venres, inicio da máis GRANDE  das Romarías de Galicia declarada no 1989 de Interese Turístico Internacional tralo estudo do que representa e do polo número inxente de persoas que atrae. Para estes días de festa hai unha xuntanza de tódalas forzas do órde que participan na orgañización da seguridade e da órde. Un dos acometidos que axudou a aliviar os problemas de circulación e que foi totalmente acertado, foi poñer a entrada o pobo pola Cruz, (zona da ría), e a saida pola Arliña, (zona do océano), o tratarse de que Muxía é unha península. Cando xa o pobo absorbeu un número prudencial de vehículos , os servizos de circulación desvían os coches para a zona da Arliña-Lourido, acollendo unha zona de aparcamento de centos. Asi mesmo o campo de A Arliña é utilizado para vehículos de servizo e os aledaños do campo, así coma todo o arcén da estrada antre Muxía e a rotonda de Lourido, (2 Kms), como aparcamento.

Tras non chegar a un acordo o Muxía e o Fisterra para xogar o venres, (o Muxía pedía xogar o venres pero o Fisterra non quixo por asuntos propios), nin pola semana, (O Fisterra pedía xogar o mércores o que o Muxía non quixo por asuntos propios), o encontro será o Domingo da Barca a partires das 19.30 horas, practicamente coa sesión vermouth máis multitudinaria de Galicia recén rematada pois conta con duas orquestras e alóngase ata pasadas ás 18:00 horas.

A Barca afecta a planificación de moitos equipos da zona que adecuan os seus encontros o evento agora e desde fai moitos anos, pois desde aqueles anos que se xogaba un amigable e que deixou de facerse polo entorpecemento e por non contar con xogadores pola festa.

Non é boa idea que se xogue o Domingo da Barca, o que causa protestas e malestares, ainda que de seguro ha de acoller un gran número de afeccionados, e que tamén de seguro que collerá a moitos xogadores con varios días sen coller unha cama, tamén collerá a gran número de romeiros na sua “operación saida”, que é pola zona da Arliña.

O Domingo da Barca durante o día é a congregación de número de persoas máis grande de Galicia en relación ao número de habitantes coa presenza de festeiros, romeiros, devotos…pola festa do día anterior ata a madrugada do Domingo, a misa e procesión da Nosa Señora ata o porto a traca máis grande das que se tiran en Galicia e a macro sesión vermút, (todo isto o Domingo polo día).

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”