O MUXÍA FEMININO DERROTA O PONTECESO A DOMICILIO E SUBE A CUARTA PRAZA DA 3ª GALEGA FEMININA G2.

Barca Toba fixo dous do Muxía.

 

2ª GALEGA FEMININA G2

-Encontro suspendido da Xornada 7ª-

Ponteceso SD 1-3 CF Muxía

Encontro que fora suspendido por temporal e que se tivo que xogar igualmente con temporal sendo un sacrificio para tódolas deportistas. Adiantouse o Muxía aos 2 minutos de xogo cun tanto de Barca Toba pero pronto reaccionaría o Ponteceso que empataba 11 minutos despois cun tanto de Claudia Oaenes, resultado co que se chegaba o descanso. Nada máis comezar a segunda metade Patri Romanía poñía de novo por diante as da Capital da Terra de Nemancos, 848´). Non foi ata o 78 que a recuperada Barca Toba facía o definitivo 1.3, que lle vale as muxianas para subir a cuarta praza con 19 puntos un por enriba das pontecesanas, e poñerse a 2 do Juan Cabrejo de Camariñas e a 3 das segubdas, Mazaricos. Nunha liga que domina con autoridade o Corme con 27 puntos, 85 por enriba das mazaeiquenses), sendo o único equipo invicto e con pleno de vitorias,

 

Resultados e crónicas dos encontros do sábado na 3ª da Costa e 3ª Galega Feminina G2 : PREME AQUÍ 

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies