O MUXÍA FEMININO CULMINA O ASCENSO A 2ª GALEGA E XA PENSA NA FINAL DE COPA ANTE O DUMBRÍA.

As rapazas do Muxía tralo ascenso sobre o céspede da Arliña.

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

CF Muxía 4-1 CF Corme

“Sí, sí, sí…a Segunda xa está aquí!!!”, berraban unha parte dos siareiros das “corviñas” cando caeu o terceiro das muxianas e así foi. Nunha Arliña con arredor dos 250 afeccionados con moita xente local e un bo número de afeccionados/as do Corme, e nunha mañán de Domingo con boa temperatura, sol a cachos e unha brisa de nordés.

O encontro comezou con nervos e perdas de balón por este motivo e co Corme querendo mandar co vento a favor, pero pouco a pouco foron igualándose as cousas e adiantábanse as de Isma Márquez cun tanto de Barca Toba aos 17 minutos de xogo. Non durou moito a ledicia pois 5 minutos despois chegaba un penalti por mans a favor das de Rubén Souto, no que Carla Pose non fallaba.

Na primeira metade Patri meteuse o equipo o lombo.

Puido vir o terceiro das muxianas cun penalti, (para nós claro), pero que o colexiado entendeu como carga legal e pouco antes do descanso Barca Toba marcaba de novo pero o colexiado asinaba infracción na xogada, pois unha das muxianas que estaba fora de xogo non tentaba xogar pero estorbaba a defensora cormelana para que puidese tentar evitar o disparo de Barca.

Xa na segunda metade con 10 minutos xogados chegaba o terceiro das da Vila da Barca e era tras un penalti que materializaba a veterana xogadora do Muxía, Barca Toba, (55´), que suma un novo mérito a sua extraordinaria carreira deportiva en varios ámbitos.

Tentou o Corme estirarse pero faltou a referenza da máxima goleadora da competición, Naroa, (56 goles), a máxima artilleira galega, que sufreu semanas atrás unha grave lesión, (e a que lle desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación). Pero en todo intre buscou o encontro para pechara tempada invictas, pero neste caso tiñan en fronte a un equipo que se vía que se xogaba moito máis.

O cuarto de Barca Toba desataba o delirio na Arliña.

Con este gol as muxianas soubero durmir o encontro, Patri Romaní que estaba a ser do melloriño do encontro e da categoría pasou atrás e con Barca de referenza por todo o medio do campo, e chegaría o cuarto das locasi cun novo gol de Barca Toba que asinaba un “poker” de goles para sumar o seu 31º gol en 18 encontros, tras recuperarse dunha rotura de ligamentos que a mantivo apartada do equipo media tempada. Con este gol o encontro xa morreu ata que o colexiado pitou o final e saltou a ledicia nas xogadoras, técnicos, diretivos, e afeccionados do CF Muxía que fai historia con este ascenso no segundo ano da sua creación e mirando xa a final da Copa da Costa do vindeiro 7 de Xuño ante o CF Dumbría.

 

 

Trala festa as rapazas do CF Muxía subiron nun camión adornado para a ocasión e percorreron as ruas da vila muxiana e recibindo os aplausos dos veciños así dos turistas e peregrinos que se uniron e preguntaban a que se debía o alboroto.

Remataron o percorrido na rampla da “Plaia das lanchas” para celebrar cuns cuantos busios nas augas muxianas para logo compartir mesa e mantel no resturante “As Baleas” do noso colaborador Miguel do Lajiño. Pola noite seguirá a festa no local de outro dos nosos colaboradores, Santi “Papi” do “Plaia das lanchas” con cea e Dj. 

A nosa máis cordial noraboa a tódolos/as que forman o CF Muxía, xogadoras, técnicos, axudantes do clube, diretivos e afeccionados/as.

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies