Moita disputa de balóns e a un bo ritmo de xogo.
CF Muxía 1-1 SD Sofán
(Penaltis 4-3)
Partido entretido e cun gran ambente con en torno aos 350 afeccionados no Campo da Arliña. Non se arrugou o equipo muxián ante o máximo favorito que está na loita polo ascenso a 3ª RFEF, e que conta nas suas filas co muxián Álex Sánchez.
Primeira metade moi entretida e xogada a un gran ritmo cos xogadores indo a tódolos balóns e chegando con perigo as inmediacións das áreas. Os de Sergio “Pataca” creábanlle moito perigo aos de Josiño en especial co xogo por bandas entrado polo lateral do área pequena pero sen atopar rematador.
O Muxía tivo varias entradas perigosas por bandas.
Un par de ocasións para cada equipo no primeiro periodo. Primeiro foron os sofanistas que probaron a Bouzón e a resposta muxiana escapábase tras un testarazo pegado o poste. A segunda chegaba para os da Vila da Barca cunha entrada por banda dereita sofanista e que se ía por pouco. A resposta dos carballeses chegou nun saque de curruncho que sacou con certos apuros Bouzón de puños e desperdiciaban os visitantes a segunda xogada cun home só no segundo pau pero o centro non lle chegaba. Na segunda metade o equipo muxián aguantou o tipo e a mellor forma física dos sofanistas e tras unha xogada na que se lesiona nun hobreiro Iván Bouzón, aproveitan para na segunda xogada facer o 0-1 por medio de Eloy.
Parecía que todo estaba acabado nesta Copa da Costa 2025 para os muxiáns pero nun corner de xogada ensaiada Congui facía o empate no descotno e na derradeira xogada. Nos penaltis Adrián, que entrara por Bouzón paraba 3 lanzamentos para levar os da Vila da Barca as semifinais da competición estrela da costa, dando a sopresa ante un equipo de categoría superior e que se está xogando pasar a 3ª RFEF.
Goles : 0-1, Eloy, (74´); 1-1, Jose “Congui”, (90´).
A nosa máis cordial ao Muxía que o deu todo para seguir buscando unha final de copa.
SEMIFINAIS
SD Castriz-CF Dumbría
Outes CF-CF Muxía
01/06/2025
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

