O MUXÍA COMEZA A BARCA CUNHA GRAN VITORIA SOBRE O FISTERRA, NUN CHOQUE TREPIDANTE, (4-3).

Muxía e Fisterra abriron a xornada cun encontro trepidante.

 

CF Muxía 4-3 SD Fisterra

Xogouse o derbi da 2ª xornada da Primeira Futgal, na tarde deste xoves, primeiro día da Romería da Barca. Un enfrontamento que non se vía nesta categoría dende fai 34 anos, os que levaba o clube muxián sen pisala. O choque comezou da mellor maneira posible para os muxiáns, nun choque no que a pesares de ser día laborable achegou o Municipal da Arliña a máis de 200 afeccionados. Aos dous minutos de xogo, Isma Pose batía a seu ex compañeiro Joselu, agora nas filas dos da Vila do Crtisto. Pose foi o mellor xogador do encontro cun gol, asistente no gol en propia porta dos fisterráns, e provocando o gol que deu pé o penalti, que erraría Manu Nogueira e que convirteu no rexeite do meta visitante.

Estivo mellor o equipo fisterrán en moitos minutos de xogo e foi superior fisicamente ante un equipo, o muxían, plagado de rapaces, polas baixas. Empataba para os fisterráns Bruno Romero, de volta no equipo da sua casa tras pasar polo Cee. Ese gol deixaba un tanto noqueado o equipo de Sergio “Pataca”, que vía como se lles viñan enriba, pero nunha xogada de pundonor con balón a banda que recollía Isma Pose, que se ía con forza para centrar o corazón do área pequena e no intento de uns por cortar o perfecto centro, e de outros por marcar acababa en gol, que o colexiado lle otorgaba a Maikel Mouzo, (ex do Muxía), en propia porta.

Encoraxinouse o equipo fisterrán e dous minutos despois empataba, por medio de novo de Bruno Romero. Gol co que se chegaba o descanso.

A segunda metade comezaba cos fisterráns máis fortes. Prevalecía o xogo físico, onde eran mellores, e Maikel Mouzo vía o primeiro cartón amarelo. Intres de zozobra dos muxiáns que acababan cunha perda en medio campo que supuña o 2-3, por medio de Isaac Fábregas, e ademáis quedaban en inferioridade o ver Ánxo o segundo cartón minutos antes. Pouco a pouco os de Sergio foron tocando e quitándose o dominio de enriba e conseguían empatar por medio de Hugo Haz. Xa no treito final e ca incertidume e o cansanzo, nova galopada de Isma Pose e era derribado claramente no área. Manu Nogueira, a falla de Víctor Alcaina, collía o balón para lanzar o penalti. Penalti que paraba Joselu e no despexe Manu aparecía para darlle os 3 primeiros puntos do retorno a categoría, e derrotar o equipo do ex adestrador dos muxiáns, Diego Lobelos. Na xogada de penalti o colexiado mostráballe vermello direto a Dani Martínez polas protestas.

Ainda se alongou uns minutos o encontro e nunha forte entrada sobre Manu Nogueira, Maikel Mouzo vía o segundo amarelo. Con nove o Fisterra ainda buscou o gol do empate, e puido chegar nun balón colgado o área e que peitean por enriba do longueiro. A partires de aí o equipo da Vila da Barca soubo xogar co tempo ata o pitido final.

 

CF Muxía : Adrián Suárez, Ánxo, Alexander, José “Conguito”. Adam, Manu Nogueira, Hugo Haz, Darío, Iago Muiño, Carlos, Isma Pose e Kevin. Tamén xogaron : Darío Castiñeira, Manu Martínez, Mateo, Damián e Fabián.

SD Fisterra : Joselu, Ismael, Fabián, Breixo, Isaac Fábregas, Adrián “Makaay”, Bruno Romero, Maikel Mouzo, Alejandro, Juan e Dani Martínez. Tamén xogaron :  Mauro e Aarón.

Árbitro : Óscar Núñez Mayo. Amonestou a Manu Nogueira, Isma Pose,  e  expulsou a Ánxo con dobre cartón, (71´e 79´), polo Muxía e polo Fisterra a Mauro, Adrián “Makaay”, Breixo e Ismael, expulsando con dobre cartón a Maikel Mouzo, (77´e 90), e con vermello direto a Dani Martínez, (87´).

Asistentes : Nathalia Edith Pereyra e Iván Martínez.

Goles : 1-0, Isma Pose, (2´); 1-1, Bruno Romero, (37´); 2-1, Maikel Mouzo, (propia porta no 43´); 2-2, Bruno Romero, (45´); 2-3, Isaac Fábregas, 854´); 3-3, Hugo Haz, (56´); 4-3, Manu Nogueira, (87´).

 

Alexander trala sua lesión na moneca da man dereita.

 

Lesionados : No minuto 10 deron o susto o xogador dlo Muxía, Carliños, (de volta o equipo da sua casa), e Juan Trillo do Fisterra, que tras un choque fortuito caeron desplomados e tiveron que ser atendidos. O muxián consigueu seguir cunha vendaxe, pero o fisterrán tivo que abandoar o terreo de xogo e ir a un centro hospitalario por un corte no labio e un dente danado, a espera de máis probas. O noso desexo de que todo quede no menos posible. Tamén acabou lesionado o xogador fisterrán, Alexander, que nunha mala caida `puido sufrir unha escordadura na moneca dereita.

 

GOL TRALO PENALTI ERRADO

 

 

RESTO DA XORNADA

(Equipos da Costa)

SD San Lorenzo-Vea CF, ás 17:00 horas do 15 de Setembro

SCDR Esteirana-SD Tordoia, ás 18:00 horas do 15 de Setembro

Bertamiáns-CF Dumbría, ás 17:00 horas do 15 de Setembro

SD Castriz-Praiña Sporting Club, ás 19:00 horas do 8 de Setembro

 

-Fotos vídeo e texto : Xosé Búa “Pirata”