O MUXÍA CF SENIOR E FEMININO PRESENTÁRONSE ANTE A SUA AFECCIÓN CON ENCONTROS NA ARLIÑA.

Foto para a lembranza de muxianas e corcubionesas.

 

Posta de longo para o Muxía CF senior masculino e feminino no Campo da Arliña ante os seus afeccionados. O equipo feminino, primeiro na historia do clube muxián, xogaba ante o UD Corcubións Feminino, un choque que acababa 3-5 con goles de Patri Romaní, (2) e Natalia. Por parte das corcubionesas marcaban, Nicole, Noa, Maria, (2), e Alexandra.

Pola sua banda o equipo senior masculino enfrontábase ao CD Baiñas, equipo que será rival dos muxiáns na vindeira Liga da Costa. Os rapaces que este ano adestran o ceense Nando e o muxián, Fran “Pioto”, derrotaban aos baiñeses por 2-0, con goles de Michael Vilela, a saida dun saque de canto e Mauro Romanía, cun disparo de fora do área.

 

Luis e Miguel co presidente do Muxía.

 

Luis Romaní e Miguel Sambad levarán os xuvenís e infantís

Luis Romaní e Miguel Sambad son os elixidos polo clube muxián para levar a vindeira tempada aos xuvenís e infantís dos da Vila da Barca. 

 

-Fotos : Muxía CF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”