O MUXÍA CF SEGUE A ESPERA DE QUE LLE APRACEN O ENCONTRO DESTA FIN DE SEMANA POLA ROMARÍA DA BARCA

 

O Muxía CF que lle toca recibir ao SCD Malpica o vindeiro Domingo 15 de Setembro, coma tódolos anos por este tempo solicitou que lle apraceno encontro que lle coincide ca Romaría da Barca. Un feito que se ven repetindo dende fai decenios, para evitar problemas cos dispositivos de tráfico montados por Garda Civil, Tráfico e Policia Local.

A masiva afluencia de vehículos nos días de romaría, fai que nunca se xogue pola Barca, agás nos anos 70 que se ten xogado algún encontro amigable cando o campo estaba no centro do pobo, (o “Beiramar”).

Ata o momento a RFGF non lle contestou ao clube muxián, algo que non pasou nunca, xa que por lóxica sempre foron aprazados os encontros que coincidían nestas datas.

 

A Romaría da Nosa Señora da Barca comeza o vindeiro venres 13 de Setembro e remata o luns 16. Muxía como península que é ten estrada de entrada por ambos lados, pero dende fai varios anos os corpos de seguridade e protección civil tomaron a excelente idea de poñer de estrada de entrada a que entra pola Cruz e de saida a da parte datrás do Coído, dando cabida aos autobuses que chegan de toda Galicia e de fora na esplanada do porto deportivo e na Cruz, non permitindo a entrada de buses dentro do pobo e desviando os coches para aparcar na zona do Coído, Bousieiras e Arliña.

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es