O MUXÍA CF-SCD MALPICA DA LIGA DA COSTA O 1 DE NOVEMBRO

 

O final prevaleceu a cordura e o encontro da 2ª xornada da Liga da Costa que tiña que enfrontar ao Muxía CF e o SCD Malpica no campo da Arliña, en pleno día grande da Romaría da Barca, co dispositivo de tráfico que ionclue a zona da propia Arliña como saida e con prohibición de circulación de autobuses, que teñen entrada e saida pola Cruz, xogarase “en principio” o venres 1 de Novembro  festivo por ser “Día de tódolos Santos”.

Non foi con facilidades o aprazamento do encontro, cando é unha cousa que se ven facendo dende fai décadas, polo que conleva a Romaría da Barca que afecta de maneira indireta a maioría de equipos da costa. 

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es