O MUXÍA CF SACA A VENTA PARA OS SEUS AFECCIONADOS A CAMISETA DO EQUIPO, (COMO CONSEGUILA…).

 

O Muxía CF segue a planificar a vindeira tempada, para que se no día de onte nos anunciaba a volta de Iago Muiño, hoxe infórmanos da volta de Adrián Alcaina, que esta pasada tempada non puido estar co equipo por asuntos de traballo. A volta dun dos xogadores superclase do equipo muxián, da que vos daremos contada información en breve.

Ademáis das renovacións, e volta de xogadores, a diretiva que preside Juan José Busto, saca a venta a camiseta do equipo, a un prezo aseequible, tratándose dunha camiseta Adidas, o seu custo será de 40 euros, e abren un prazo de reservas ata o vindeiro Domingo 3 de Xullo.

Como reservala

Todo aquel afeccionado, ou amante das camisteas deportivas, qiue queira facerse con unha poderá contactar co Muxía CF a traves dunha mensaxe privada nas redes sociais do clube (Facebook, Instagram e Twitter).

-Foto : Muxía CF

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies