Adrián Alcaina volve o Muxía CF.
O Muxía CF ven de anunciar a volta de Adrián Alcaina Romaní, (Muxía-12/07/1995), tras ano e medio alonxado do equipo do seu pobo por motivos de traballo no Principado de Asturias.
Adrián Alcaina, a elegancia no medio do campo, é un dos da xeración do Muxía CF do 2008, un grupo de rapaces que cunha plantilla foi xustiña, foron campións da Liga da Costa Infantil, gañando tódolos encontros, coma moitos deles recalaron ó ano seguinte no CF Dumbría, para escribir as páxinas máis vitoriosas do equipo dumbriés, acadando o ascenso a Liga Galega Cadete, e acadando duas Copas da Costa de Xuvenís, así coma 3 ligas nas categorías inferiores. Tras isto retornou o equipo muxián, co que foi campión da 3ª da Costa e o pertinente ascenso a Liga da Costa.
Ainda que lonxe do seu pobo, sigueu dende Asturias, tóddalas evolución do seu equipo, pero sí tivo a oportunidade de ver os encontros da Copa : “Fixeron un temporadón. Unha racha de 17 partidos cunha fase impecable, paréceme algo complícadísimo, ao que lle hai que dar muito valor. A Copa si que a vin enteira ca excepción do partido contra o Porteño. Fixérono moi ben, co premio do último partido. Arliña chea contra todo un Fisterra, fui un deses partidos que explican a grandeza do fútbol da costa. Non puido ser pero os chavales dérono todo. Muita envidia sana de velos xogar, eso si”.
O medio muxián retorna o equipo da Vila da Barca, volve un dos pesos pesados deste equipo, e augura un bo futuro para o clube : “Penso que hai plantilla para competir contra quen sea. Renovaron xogadores mui importantes e estanse recuperando outros. Estanse facendo ben as cousas e confío con que cheguen as alegrías porque este grupo meréceo”.
Adrián reencontrarase tamén no equipo co seu irmán Víctor.
-Foto e Texto : piratasdemuxia