O MUXÍA CF RECIBE A DONACIÓN DE REDE PARA AS PORTERÍAS DUNHA EMPRESA INTERNACIONAL DE ALICANTE CA MEDIACIÓN DE ÁLVARO RODRÍGUEZ.

As porterías do Campo d Árliña terán nova vestimenta.

 

O Muxía CF que milita na Liga da costa ven de recibir un xogo de redes para as porterías do Municipal da Arliña da empresa Tecología Deportiva S.A. “El León de Oro”, afincada en Alacante, que é a encargada de abastecer deste material as ligas europeas, incluidas a 1ª e 2ª División españolas, así como a MLS dos Estados Unidos e as porterías das sedes do Mundial de Fútbol.

A donación deuse a raiz de que o responsable da empresa alacantina para a zona norte, Juan Luis Antón Jiménez, é asiduo visitante da “Lonxa d´Álvaro” do noso colaborador Álvaro Rodríguez, ex xogador e presidente do Muxía CF, onde disfruta das excelencias ciuulinarias que imparte o hosteleiro muxián, que nos comentaba que : “Para o ano que ven prometeume que nos faría chegar un xogo de redes cas cores do clube muxián, (azul e vermello).

Tamén dende o clube da Vila da Barca o seu presidente Juan José Busto, facíanos chegar o seu agradecemento por ista donación, que para un clube modesto : “É unha honra vestir as nosas porterías con un agasallo coma este,e agradecerlle a Álvaro pola sua colaboración”.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.