O Muxía CF acabaou a pasada tempada en posto de promoción.
O Muxía CF infórmanos na persoa do seu presidente Juan Jesús Busto, que xa teñen pechado a plantilla para a tempada 2020/21 na Liga da Costa, (2ª Autonómica G2), e como dí él : “Esta é a plantilla que temos para a vindeira tempada, en principio, agás que queira vir Messi, que o está pesando”.
Con todo esto o clube que seguirán dirixindo o tandem, Diego Lobelos e Óscar Leis e cas novidades do meta Joselu, o dianteiro Fran Moreira “Fran-chute” e a volta de Sergio “Peski”. Os muxiáns acabaron a pasada tempada na 4ª praza que daba acceso a promoción, cando se parou o fútbol polo COVID-19, sumando 43 puntos de 12 encontros gañados 7 empatados e 6 perdidos dun total de 25 disputados. Manu Nogueira, que continua no equipo, foi o máximo goleador con 1 goles, (1 de penalti), en 23 encontros nos que participou.
Así queda a plantilla :
Porteiros: Hugo Sambad e Joselu.
Defensas: Jose “Congui”, Maikel Mouzo, Michael Vilela, Sergio “Peski” e Tomás.
Medios: Adrián Alcaina, Álex, Rati, Edu, Julián, Mauro, Pereira, Tati, Víctor Alcaina e Xan Nogueira.
Dianteiros: Abel, Fran Moreira, Isma Pose, Manu Nogueira, Mario e Toja.
No apartado de adestrador de base cntinua Fabián Gómez e na de adestrador de porteiros, Luis Romaní.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/Juan José Busto
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.