As rapazas protagonizaron unha gran remontada.
O Concello de Muxía orgañizou xunto co Muxía CF o “I Trofeo A Arliña” tanto en fútbol masculino senior coma no feminino. O invitado era o veciño do outro lado da ría o Camariñas FC. Os muxiáns leváronse o trofeo tanto nos homes coma nas mulleres.
Nos homes a vitoria era por 3-1, nun choque que acababa 3-1, tralo 1-1 da primeira metade na que o gol dos muxiáns era obra de Javi Toja. Peski e Fran Moreira facían na segunda metade os goles dos muxiáns. Ambos equipos serán rivais na vindeira Liga da Costa que comeza a semana seguinte a Romaría da Barca.
No que se refire as mulleres era un choque especial pois ambos conxuntos, o muxián e o camariñán, son equipos de nova creación, (que xogarán no Grupo 2 da 3ª Galega), e o primeiro na sua historia para ambas entidades. Comezaban mellor as camariñanas que se poñían 0-2, resultado co que se chegaba o descanso. Na segunda metade as da Vila da Barca remontaban con goles de Patri Romaní, Elsi, Barca Toba, e repetían Patri e Barca para acabar 5-2.
Felipe Vilela delegado do Muxía entregando o trofeo a capitana do Camariñas FC. Felipe é tamén conselleiro de deporte do Concello de Muxía fixo entrega dos trofeos xunto co presidente do equipo muxián.
-Fotos : Muxía CF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”