A Arliña apunta a novo campo con fútbol feminino para a 2023-24.
Xa fai tempo que falábamos e víñase falando en Muxía da necesidade dun equipo feminino, e dun de veteranos. No que se refire aos veteranos tentouse fai uns anos, e chegouse a un principio de formación da man de Joaquín Vicente Saavedra e Álvaro Rodríguez, ambos ex xogadores muxiáns, (o segundo tamén ex presidente), pero xa con moitas cousas pechadas, (xa ata tiñan promotor para as camisetas), a cousa non foi adiante por moi pouco e perdeuse no tempo sen ninguén que o retomase.
Agora o equipo muxián presidido por Juan José Busto, inicia o proxecto dun equipo feminino, dando o primeiro paso coa captación de xogadoras. Son moitas as rapazas do Concellod e Muxía que están espalladas por diferentes equipos da costa, tanto de fútbol campo coma de futsa, e moitas máis as que deixaron o chegar a cadetes, debido a non haber saida para elas no propio pobo, unha cousa que dende o equipo da Vila da Barca queren solucionar e sair competir nun fútbol feminino da costa cada vez con máis equipos e que van subindo de nivel-
Todas as rapazas interesadas en apuntarse deberán facelo nas redes sociais do clube muxián, ou no teléfono de contacto 606 816 086 (Felipe) vía WhatsApp. A idade mínima e de 13 anos.
Apolaudimos dende piratasdemuxia a iniciativa, unha cousa que xa pedimos varias veces nos derradeiros anos e que oxalá teña continuidade.
Crónicas do Fútbol Feminino con equipos da costa : PREME AQUÍ.
-Foto e Texto : piratasdemuxia