O MKS Pogoń Szczecin polaco rival do Xuvenil “A” do RC Deportivo na primeira rolda da UEFA Youth League.

O clube polaco xoga no Florian Krigier.

 

O Xuvenil A medirase ao MKS Pogoń Szczecin polaco na primeira eliminatoria da UEFA Youth League, na Ruta dos Campións Nacionais, tralo sorteo efectuado este mediodía en Nyon (Suíza).

O encontro de ida xogarase o 29 de setembro en Polonia e a volta terá lugar o 20 de outubro na Coruña.

O club polaco, do mesmo xeito que o Deportivo, debuta na principal competición continental de categorías inferiores. Do mesmo xeito que os branquiazuis, MKS Pogoń Szczecin foi campión xuvenil do seu país en dúas ocasións, en 1986 e 2021.

Se os pupilos de Manuel Pablo superan ao conxunto polaco, o seu rival na segunda rolda será o vencedor do cruzamento entre o FK Žalgiris Vilnius lituano e o Maccabi Haifa FC israelí. Neste caso, o Xuvenil A xogaría o encontro de ida na Coruña o 3 de novembro e o 24 dese mesmo mes disputaría o partido de volta en Lituania ou Israel.

Os oito gañadores desa segunda eliminatoria emparellaranse despois cos oito subcampións da Ruta Champions League nunha eliminatoria que se sorteará o 14 de decembro e xogarase o 8 e 9 de febreiro, a partido único. De aquí sairán os oito equipos que completarán os oitavos de final cos oito campións de grupo da Ruta Champions League, cuxo sorteo terá lugar o 14 de febreiro e xogarase entre o 1 e 2 de marzo, tamén a partido único.

-Foto : MKS Pogoń Szczecin

-Texto : rcdeportivo.es