O menú do Camping Lago-Mar, (Muxía) cargado de concertos, e eventos variados para este mes de xullo, (aquí tes todo menú enteiro).

Concerto galego-xapones de Icía, Haruna eYoshimi a finais de xuño.

Tras un xuño espectacular en canto a eventos, ambente e diversión, xullo chega cargado de moitos máis no Camping Lago Mar de O Lago, (Muxía) a carón da imprensinante, en tódolos aspectos, “Praia do lago”. Os rapaces de Horta Creativa teñen para todo este mes de xullo, una inmensa amalgama de eventos : obradoiros, ioga, pilates e brunchs, e comarea de concertos desde o pop-rock, country, folk, blues, rock & roll, tradicional, rhythm & blues, samba, e jazz sesións. Música de todo tipo para escoitar acompañados dunha boa copa, ou para bailar no excelente recinto do camping, un lugar paradisíaco con moitas ofertas de ocio e no que acampar, levar a tua carabana, coller unha cabana, xantar, cear, tomar as tuas garimbas ou as tuas copas…e como non, disfrutar de todo tipo de eventos.

Aquí tes todo o menú para este mes de xullo, ao alcance de moi poucos locais que se atrevan como fan eles, cada mes acercarnos un pouco de todo.

-MENÚ DO MES DE XULLO-

     A Semana da Arte regresa ao Cámping Lago-Mar de O Lago, (Muxía), en xullo, nun mes cargado de programación con obradoiros, clases de ioga e pilates e moita música en directo. Na Semana da Arte artistas de distintas disciplinas crean a súa obra en vivo, polo que todas as persoas que visiten o cámping neses días poderán gozar dese proceso, coñecer aos artistas e mesmo levar algunha obra.

O Cámping Lago-Mar xa está preparado para a tempada alta do verán na Costa da Morte e xullo vén ademais cargado de programación cultural. Concertos todas as semanas con nomes de dentro e fóra de Galicia; obradoiros variados, como un de iniaciación ao palillo coa Asociación de Palilleiras A Nosa Señora da Barca; e clases de ioga, pilates e mesmo un taller postural, forman parte da axenda para o mes.

O Cámping Lago Mar está xestionado pola coopereativa cultural Horta Creativa, que ofrece un ambiente familiar e agradable onde pasar uns días tranquilos no medio na natureza, ademais de poder disfrutar de eventos e actividades, propoñendo tamén unha axenda cultural a toda a veciñanza da zona. Toda a información sobre os aloxamentos e servizos do camping pódese consultar na web: www.campinglagomar.es. Tamén se poden facer reservas a través do email info@campinglagomar.es

Semana da Arte

Na semana do 6 ao 12 de xullo celebramos a Semana da Arte na que recibimos a artistas que pasan uns días con nós creando a súa obra en vivo. Quen veña polo cámping poderá gozar de ver o proceso de creación de artistas de distintas disciplinas, e mesmo de levar un bonito recordo.

Se es artista e queres participar aínda podes inscribirte mandando un correo a mnogueira@hortacreativa.com.

Obradoiros

Xullo vén con obradoiros bonitos ao Lago-Mar:

O sábado 4 de xullo: obradoiro de creación de taburetes con Sara Riveira, no que aprenderemos a técnica tradicional de encordar taburetes con corda de algodón retorcida. As estruturas tamén están feitas por ela con madeira reciclada. O obradoiro son 75 euros con todos os materiais incluídos. Para participar e necesario facer unha prereserva facendo un bizum de 25€ ao teléfono 625035717 indicando o nome e “Camping LagoMar”.

O mércores 8 de xullo: obradoiro Mandala do Universo da man de Lenita,no que cunha música relaxante debuxaremos as nosas mans dentro dun círculo no que escribiremos os nosos desexos e ofrendas. Será un espazo para estar en presenza con nós mesmxs. Para participar é necesario inscribirse en info@campinglagomar.es.

O xoves 9 de xullo: obradoiro de iniciación ao palillo. Da man da Asociación de Palilleiras A Nosa Señora da Barca coñeceremos as bases desta arte arraigada na Costa da Morte e coa que confeccionar todo tipo de produtos textís. Unha oportunidade xenial para aprender coas que máis saben. O obradoiro son 10 euros por persoa e é necesario inscribirse en: info@campinglagomar.es

Ioga, pilates e brunch

Os domingos de xullo seguen os brunch e as clases de ioga ou pilates. As datas son: 5/07 flow pilates con Míriam Amado, 12/07 taller postural con Míriam Amado, 19/07 e 26/07 ioga con Míriam Lado. O prezo da actividade máis do brunch é de 28 euros e para participar hai que inscribirse en info@campinglagomar.es.

Concertos

A axenda de concertos vén moi cargada en xullo.

Nos concertos a entrada é “inversa”, ou sexa que o final do concerto pasan o “caldeiro” e cada un pode aportar o que a vontade lle pida dar segundo o que veu.

Arrancamos o 3/07 co compositor Rodrigo Ramos e as súa mestura de pop-rock íntima e cargada de matices e significados. O 4/07 o Trío Valerie´s Site poñerá a bailar a máis dun na nosa terraza e máis movemento asegurado teremos o 5/07 con Cachorro.

O 7/07 viaxaremos a América profunda co blues e country folk de Blues Moonshiners. O 08/07 chegan Go Cactus dende as Illes Balears cun rock and roll directo e enérxico. Marió Boville visitaranos o 9/07, o fundador da mítica banda Alpargata virá coas súas letras e guitarra ao lombo. O 10/07 moveremos o corpo cos ritmos brasileiros de Sambadelia e as súas ricas sambas e bosanovas.

O 11/07 dobre sesión: pola mañá espectáculo de Cé Orquestra Pantasma, todo alegría e creatividade cos seus instrumentos. E á tardiña montaremos unha boa foliada con Os catro de Santa Bieta. Seguimos o 12/07 partiremos de viaxe sonora e íntima con Kreze; e o 13/07 gozaremos e moveremos o corpo co rock and roll fusión de Caravananana. O 15/07 teremos ao gran Isi Vaamonde coa música vencellada ao Atlántico e fusión de folk-rock.

Grandes éxitos na bonita voz de Diana Pombo o 16/07. O 17/07 chega Leo & K-Chafaz, o encontro explosivo entre Leo Alquimista e K-CHAFAZ, voces de Che Sudaka ao servizo do ska e rock latino dos 90, unha súper viaxe sonora. O 18/07 Pez Mago traerá unha recopilación dos temas máis recoñecidos da súa carreira nunha versión moi rítmica, e con Maruxa’s Show volveremos a temazos do soul, rhythm & blues e o rock clásico de Etta James, Janis Joplin ou Amy Winehouse. O 19/07 faremos unha viaxe introspectiva coa música e letras de Fito Mansilla, chea de historias, poesía e mensaxes potentes.

Braian de Palma visitaranos o 20/07 coa súa voz e guitarra na man e unha enerxía que remove todo por dentro. O 21/07 teremos a Minguante, o dúo pop de autor formado por Miguel Alonso e Óscar Martínez. Claudio H. estará o 22/07 coa súa combinación de poesía, fusión e ritmos latinos, brasileiros, reggae, funk, jazz… todo nun directo imposible e explosivo. O 23/07 temos o rock brasileiro de Picanha de Chernobill, todo forza e enerxía. O 24/07 megullarémonos na proposta introspectiva e onírica de Gazella. E o 26/07 a forza e os ritmos latinos e folclóricos da cantautora Catherine Vergnes. O 30/07 gozaremos do pop saboroso de Anxo Araújo, que leva as cotas máis altas no seu último álbum.

En xullo temos tamén dúas jam sessions: 27/28/29 de xullo con Jorge Lorre & Friends e o 31 con Turnes & The Five Cents Blues Cousins.

No Camping Lago-Mar espéranvos para disfrutar do que vos ofrecen, con todos eles.

-Información e fotos : Prensa Camping Lago-Mar

-Foto, texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”

-Foto dúo : Xesús Búa “Estudio de Fotografía Foto Lolas”