O “MEMORIAL ARSENIO IGLESIAS” E A PRETEMPADA DO DEPOR POLA CANLE DE YOUTUBE DO CLUBE.

Riazor acollerá o seu primeiro choque desta pretempada.

 

Segundo comunica o RC Deportivo a partires de mañán martes 1 de Agosto do 2023 os encontros de pretempada do Depor serán coma en anos anteriores pola canle de YouTube do clube.

Polo tanto para os que non se poidan acercar a Riazor no encontro antrre o Depor e o Atlético Arteixo, en recorodo do nosdo MISTER ETERNO, no choque que comezará ás 18:00 horas, (16:00 GMT), poderedes seguilo en direto. No encontro tamén será homenaxeado Lionel Scaloni, que fará o saque de honra.

Logo o sábado chega o Teresa Herrera co choque ante o Bragantino, (20:00 horas/ 18:00 GMT), contra o Bragantino e que valerá de homenaxe a Mauro Silva, Bebeto e Álex Bergantiños.

Preto de 13.000 socios xa renovaron o seu abono

Un total de 12.827 deportivistas xa temos o noso abono renovado para a tempada 2023/24, en tan só duas semanas de despacho de abonos que se poden facer online e de maneira presencial pedindo cita.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies