O Mazaricos pode ser campión e abrirse a loita pola segunda praza

LIGA DA COSTA
-28ª Xornada-

CF Mazaricos-Corme CF o encontro da xornada e da liga.
-A liga e moito máis en xogo no “Pedra d´ouro”
-O Mazaricos pode ser campión e abrirse a loita pola segunda praza-
 
Non decimos nada novo que con 3 xornadas por disputar esta xornada xa sería importante de pòr si, pero toma maior relevancia ao xogarse no “Pedra d´ouro” do Pino do Val, (Mazaricos), un choque no que o CF Mazaricos podería sair campión con 2 xornadas por disputarse por diante, (tras este encontro), pero é que ademáis de que o Corme CF podería poñerse a só un punto dos mazariquenses, e dar un golpe enriba da mesa. Unha derrota dos cormeláns, unida a unha vitoria do Volantes de Baño CF sobre o UC Cee, (que tamén se xoga a vida, pero por abaixo), poñería aos de Baño a 1 punto na loita pola segunda e poder cormelá, que da pé a promoción. Por abaixo os propios ceenses precisan gañar como decíamos, pois son a “amargura” de CF Lira, SCD Buño, CD Muros e Sporting Zas, xa que o SCD Malpica está salvado e para aseguralo chégalle 1 punto nestas 3 xornadas. Temos un  SCD Buño-UD Monte Louro, que ten igual ou máis importancia co encontro en terras mazariquenses, pois os “oleiros” poderían respirar e deixar moi tocado aos loureses, ou estes de gañar aferrarse o soño da permanenza, quizais a derradeira “bala” para eles. SD San Lorenzo, CD Baiñas, UD Cerqueda, Muxía CF e SD Ponteceso, adestrando de cara a Copa, no que resta de tempada, pois xa non se xogan nada…Abre a nova o completo para ver o resto da información, así como a previa do “encontro estrela” e da xornada e outras cousas.
CF Mazaricos Vs Corme CF
 
Campo : Pedra d´ouro
Hora : 17:00
Árbitro : Pablo Rama Cotelo, (Comité da Costa da Morte)
Asistentes : Rai Reborido e Esteban Domínguez, (Ambos do Comité da Costa da Morte)
Resultado da 1ª volta : 3-2.
 
-ASÍ VEN O ENCONTRO DA XORNADA OS ADESTRADORES-
Roberto Amoedo : “Espero un partido moi complicado e competido, contra o equipo a batir. Son os favoritos por ter quizáis a mellor plantilla da competición, é un rival que da moi bo trato o balón con moito gol e perigoso en cada xogada, nunca se rende e sabe sacar o máximo xugo os 90 minutos. Nós chegamos con algunhas baixas pero cas máximas ganas de competir, despois do batacazo do ano pasado e de sufrir estes anos atrás, domingo temos a oportunidade de demostrar quen é o Mazaricos, e gañar despois de tanto tempo…..A nosa Liga……O “once” inda está no aire posto que pola importancia do partido ainda teño que seguir rompendo a cabeza para poder facer a convocatoria, e despois sacar un “once” que poida facer sufrir o Corme”.
 
Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : “Partido difícil, diante dun lider cun potencial enorme e que no seu campo ainda é máis forte. Pero nos vamos intentar poñerlle as cousas complicadas con moitas gañas e ilusión como sempre. Hasta o venres despois do adestramento non poderei saber con quen contaremos para o Domingo”.
-28ª Xornada-
14/04/2019
 
CF Lira 17:00 UD Cerqueda
SD Ameixenda 17:00 CD Muros
  Sporting Zas 17:00 SD Ponteceso
   CF Mazaricos 17:00 Corme CF
SCD Malpica 17:30 Muxía CF  
SD San Lorenzo 17:00 CD Baiñas  
Volantes de Baño CF  17:00 UC Cee 
 SCD Buño 12:00 UD Monte Louro
CLASIFICACIÓN

-TÁBOA DE PICHICHIS-

 
-Alejo, (Corme CF) : 37, (7 de penalti)
-Ángel “Pesco”, (Volantes de Baño CF) : 25, (4 de penalti)

-Pablo Muiño, (CD Baiñas) : 21

-Isma Pedrosa, (CF Mazaricos) : 18, (1 de penalti)
-Berto, (Volantes de Baño CF) : 17, (2 de penalti)
-Estéfano, (CF Mazaricos) : 16, (2 de penalti)

 

 

-Crístian Caamaño, (CF Lira) : 15
-Manu Nogueira, (Muxía CF) : 15
-Brais Cancela, (CD Baiñas) : 15, (3 de penalti).

-Os goles son os recollidos nos actas arbitrais-

++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-