O Mazaricos máis lider coa derrota do Corme

Un tanto de Yago deulle 3 puntos importantes o Mazaricos ante o Buño.

-O Mazaricos máis lider coa derrota do Corme-

-Por abaixo vitorias e derrotas importantes-

Hoxe por problemas co editor que nos chegan por mor do antigo servidor non vos podemos traer as crónicas cos comentarios de tódolos adestradores coma normalmente polo peso da información. Estamos traballando na nova web a que lle estamos a dar os derradeiros retoques e deixar atrás tódolos problemas que estamos a ter ultimamente, polos que vos pedimos desculpas.

Aquí tedes tódolos resultados, clasificación e vindeira xornada da Liga da Costa na que temos que destacar a vitoria sufrida do lider CF Mazaricos sobre o SCD Buño, cun tanto de Yago Dosil aos 42 minutos de xogo, este trunfo unido ao inesperada derrota do Corme CFante o UD Cerqueda por 2-0 con goles de Crístian, (9´) e Diego, (40´), fan que os mazariquenses sexan máis líderes con 6 puntos de ventaxe sobre os cormeláns que no medio do malo, os seus imediatos perseguidores pola promoción non gañaron. O Volantes empataba na casa do SCD Malpica, (3-3) e o SD Ponteceso caía na casa do CD Muros, (2-0). Volveu a senda do trunfo o Muxía CF que tivo en Javi Toja ao seu mellor home, conseguindo remontarlle un 2-0 ao CF Lira cun “Hat-trick” do xove canteirán, ao que acompañaron goles de Víctor Alcaina e Mario Romaní, para completar o 2-5 final. En “terra de ninguén”, (falando da clasificación), o xa desafiuzado SD Ameixenda caía ante o CD Baiñas, (0-2), ca primeira vitoria de Sanchiño no banco baiñés, ao igual ca José Barca que acadaba a sua primeira vitoria co Sporting Zas que vencía pola mínima cun gol en propia porta do ceense Brais, (86´), cando todo apuntaba o empate. Trunfo vital ante un rival pola permanenza que queda moi tocado, ca vitoria do CD Muros e ca do UD Monte Louro nas “Pedreiras”ante o SD San Lorenzo, (1-4). por unha vez aos de Óscar Leis entroulles a pelota, con dobretes de Iván, (10´e 46´) e José Louro, (57´e 61´). O gol verdillés chegaba de penalti por medio de Luciano no 90´...Abre a nova o completo para ver a clasificación e a vindeira xornada.

Segue ca clasificación e vindeira xornada…

Preme abaixo en “Ler a nova completa…” para VER MÁIS.

RESULTADOS

-24ª Xornada-

17/03/2019

  CD Muros 2-0 SD Ponteceso

UD Cerqueda 2-0 Corme CF

CF Lira  2-5 Muxía CF

SD Ameixenda 0-2 CD Baiñas

Sporting Zas 1-0 UC Cee

CF Mazaricos 1-0 SCD Buño

SCD Malpica 3-3 Volantes de Baño CF

SD San Lorenzo 1-4 UD Monte Louro

CLASIFICACIÓN

LIGA DA COSTA

-24ª Xornada-

24/03/2019

UD Monte Louro – CD Muros

SD Ponteceso – UD Cerqueda

Corme CF – CF Lira

Muxía CF  – SD Ameixenda

CD Baiñas – Sporting Zas

UC Cee  – CF Mazaricos

SCD Buño  – SCD Malpica

Volantes de Baño CF  – SD San Lorenzo

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies