Emilio Corzón, (centro), vaise do Baiñas e queda, Sancho, (esq).
-O Mazaricos lévase o encontro da xornada-
-Dimite Emilio Corzón no CD Baiñas-
23ª xornada da Liga da Costa, na que o CF Mazaricos, tiña enfronte ao Volantes de Baño CF, que de gañar sería candidato a todo. Queda moito bacallao que cortar e neste encontro puido pasar de todo. Namentras Sil ve o resultado xusto, (1-2), para Amoedo, o máis xusto tería sido unha igualada, o que si foi é un encontro de moita calidade e que puido caer para calquer lado. O segundo en discordiaCorme CF tiña enfronte a outro dos sureños o CD Muros que plantou cara, e que perdeu os papeis con duas expulsións seguidas que non desaproveitaron os do Roncudo. De capa caida van Muxía CF e CD Baiñas. Os muxiáns caían no seu féudo ante o UD Cerqueda que repiteu o resultado da ida, (0-2) e o CD Baiñas desconxuntábase ante un CF Lira que ve as cousas cada véz mellor, (1-5). Dimitía do seu cargo de adestrador Emilio Corzón no conxunto baiñés que ata final de temporada será dirixido por Sancho. Dende aquí o noso agradecemento pola sua colaboración a Emilo, e o noso desexo de velo pronto polos terreos de xogo adestrando. Por abaixo o UC Ceetomaba un sorbo de aire fresco o levarse o derbi ante o SD Ameixenda, un choque que puido caer para calquer lado, (1-0) e que se decideu no minuto 87 cun tanto de Rafa. por tódolos campos norteños se notou a “Mikaela”, pero no que máis foi no “Xaviña” no que José Barca debutaba no banco do Sporting Zas, pero veu como o efecto “Mikaela” foi o revés e goleaban aos zacenses que xogan co fío da navalla, (4-0). Tamén houbo efluvios mikaelísticos no San Lorenzo-Malpica, un encontro que o resultado parece que dí moi diferente ao que foi o encontro en realidade, (3-2). Onde se viveu un gran encontro foi no “Agra de Filgueira” no que UD Monte Louro e SD Ponteceso, empataban nun gran encontro.
CD Baiñas 1-5 CF Lira
UC Cee 1-0 SD Ameixenda
Goles : 1-0, Brais Cancela, (16 de penalti´); 2-0, Brais Cancela, (26´); 2-1, Gonzalo, (36´), 3-1, Brais Cancela, (72´); 3-2, Jairo, (73´).
Goles : 1-0, Ángel “Pesco”, (57´); 1-1, Isma Pedrosa; (89´); 1-2, Martín, (99´).
Goles : 0-1, Luca, (48´); 1-1, Juan de Selia, (52´).
-24ª XORNADA-
17/02/2019
CD Muros – SD Ponteceso
UD Cerqueda – Corme CF
CF Lira – Muxía CF
SD Ameixenda – CD Baiñas
Sporting Zas – UC Cee
CF Mazaricos – SCD Buño
SCD Malpica – Volantes de Baño CF
SD San Lorenzo – UD Monte Louro .
-TÁBOA DE PICHICHIS-
-Alejo, (Corme CF) : 33, (7 de penalti)
-Ángel “Pesco”, (Volantes de Baño CF) : 19, (4 de penalti)
-Pablo Muiño, (CD Baiñas) : 17
-Estéfano, (CF Mazaricos) : 15, (2 de penalti)
-Isma Pedrosa, (CF Mazaricos) : 15
-Crístian Caamaño, (CF Lira) : 14
-Manu Nogueira, (Muxía CF) : 14
-Berto, (Volantes de Baño CF) : 13
-Brais Cancela, (CD Baiñas) : 13, (1 de penalti).
-Os goles son os recollidos nos actas arbitrais-
+++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-