O MAZARICOS FS CON SÓ 5 XOGADORES DERROTA O SAMOS FS, (5-2) NA 1ª GALICIA GRUPO LUGO-CORUÑA DE FÚTBOL SALA.

1ª GALICIA SENIOR FÚTBOL SALA

(LUGO-CORUÑA)

-Encontro suspendio da 11ª Xornada-

O equipo mazariquense xogou cos mesmos 5 todo o encontro.

 

Mazaricos FS 5-2 Samos FS

Brais Canosa, (Capitán do Mazaricos FS) : “Presentábamonos a xogar este partido suspendido polo temporal de finais de Nadal con moitas baixas, tan só 5 xogadores dispoñibles, o xusto para ter un equipo na pista. Levaron o peso do xogo todo o partido pero sobre todo durante a primeira parte na que foron moi superiores. Asi foi como o descanso o resultado era dun claro 3-0 para os locais, quedandose pequeno tras o visto. O Samos pronto saiu a xogar co porteiro xogador e comenzou a ter algunha ocasion, mais debido o cansancio dos mazaricans que por virtude dos visitantes. Achegouse o Samos no marcador cun 3-2 pero cara ao final do partido logo das expulsións de dous xogadores do Samos, o Mazaricos volveria a marcar dous goles mais e a celebrar outra victoria que os manten no terceiro posto.

 

No treito final deron un “plus” os mazariquenses tralo 3-2.

 

Mazaricos FC : Ramón, Sandelo, Brais, Ferreiriño e Molinos

Samos FS : Antonio, Miguel Ángel, Francisco, Luis e Eric, (5 inicial); Danirl. Chrístian e Sergio.

Goles : 1-0, Sandelo, (8´); 2-0, Ferreiriño, (11´); 3-0, Brais, (15´); 3-1, Eric, (25´); 3-2, Daniel, (27´); 4-2, Molinos, (39´); 5-2, Sandelo, (39´).

Árbitros : Marcos Noya e Vanesa Varela.

 

Os mazariquenses souberon dosificar as forzas e a presión do rival.

 

Incidencias : Encontro que fora suspendido na 11ª xornada o 22 de Nadal do 2019 polo temporal “Fabien” que azotou o noso pais con fortes ventos e intensas chuvias. Celebrouse no Pavillón da “Picota”, (Mazaricos), ante medio cento de afeccionados.

 

 

CLASIFICACIÓN

Con esta vitoria o Mazaricos FS sube a 3ª praza con 21 puntos, a 7 o segundo Vento-Teixeiro e a 9 do lider SD Ourol. Remontou con esta vitoria ao CD Recende que queda 2 puntos por debaixo e ao CD Lodairo que queda a 3.

 

-Fotos : Jorge Villa “Gorrión”

-Texto : Brais Canosa

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo propias e intransferibles.

-Fotos e Texto : Fran Figueroa

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies