O MAZARICOS FEMININO NON PASA DO EMPATE NA PICOTA ANTE O TRAZO CF, (0-0).

COPA FÚTBOL 7 FEMININO

-Grupo Santiago-

Boas sensacións no Mazaricos a pesares do empate.

 

Mazaricos CF 0-0 Trazo CF

Non pasou do empate o equipo de Mazaricos a pesares de ser mellor no cómputo xeral. Suman así o seu cuarto punto en dous encontros, ocupando a segunda praza a 2 puntos do Terra de Montes que foi o único que sumou as duas xornadas disputadas como vitorias.

Así nos contaba o que deu de si o encontro o adestrador mazariquense Borja Sueiro : “Partido dominado de principio a fin por nós. Donde nos defendemos co balón e apenas concedemos ocasións. Conseguíamos progresar con balón iniciando desde Pedrosa, que fixo un partido perfecto, pero faltounos efectividade nos últimos metros. Graci, Ánxela, Daniela e Lúa, intentárono desde a frontal e con centros laterais pero a porteira visitante tamén estivo moi acertada. Moi boas sensación as amosadas e moitas ganas de competir a semana que ven”.

Mazaricos CF : Pedrosa, Fátima, Ánxela, Tamara, Graci, Lúa e María. Tamén xogaron: Seijas, Katia, Daniela, Natasha e Lucha.

Trazo CF : Tania, Noemi, Estefanía, Clara, Fabiola, Fátina e Carolina. Tamén xogaron : Lucía e María.

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”.

-Texto : piratasdemuxia/Borja Sueiro


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies