O MAZARICOS CF FEMININO SUPEROU O SD BANDEIRA B, (3-1) E SEGUE A PRESIONAR O LIDER TERRA DE MONTES.

O Mazaricos FC reivindicou o “Non a violencia de xénero”.

 

Mazaricos CF 3-1 SD Bandeira B

Encontro que tiña cpontrolado o equipo mazariquense no ecuador da primeira metade, con goles de Graciela, (11´), e María, (21´), pero que se lle complicou cun tanto de Lucía, (22´), xusto despois de abrir fenda no marcador.

Nada máis comezar a segunda metade Daniela facía o terceiro para as de Mazaricos, e devolvía a tranquilidade ao equipo, que logo fixo fútbol control e deixou pasar os minutos e na procura dun cuarto gol que matase o encontro definitivamente, algo que non chegou e que tampouco lles fixo falla.

Clasificación 

Lider con 9 puntos, de 3 vitorias en 3 encontros o EFB Terra de Montes, seguidas do Mararicos con 7 de duas vitorias e un empate, ao igual co EF Silleda. A partires de aquí, pártese a clasificación, co Trazo CF, con 3 puntos, os mesmos ca o, SD Bandeira B e SD Nicraniese. Pechan a táboa o CF Vistalegre, con 1 punto e o SD O Pino, que inda non puntuou. 

Vindeira xornada

O Mazaricos CF visita ao lider EFB Terra de Montes o día 11 de Nadal a partires das 16:00 horas, no Municipal de Forcare, nun choque co liderato en xogo.

-Foto : Jorge Villar

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies