“O MAPA PIRATA” : “UN FUTURO NEGRO A CORTO E MEDIO PRAZO PARA OS AFECCIONADOS O FÚTBOL PROFESIONAL”

Un estadio valeiro é sinónimo de frío e de tristura.

 

Parece que a soberbia vai afectar de cheo ao “Fútbol moderno”, ese que crearon dende hai uns anos a esta parte, xente coma Tebas e as plataformas de televisión, e coa man escura que aportan por detras,un contado número de clubs e outras empresas afíns, (que deberían estar prohibidas), que só pensan, en conxunto, en palear cartos e despreciando sempre aos afeccionados, aqueles que fixeron a este deporte, e aos que o practica, grandes, e que aportan moito a economía dos pobos e cidades.

Anos levamos protestando polo desprezo que sufrimos por parte da LFP, sendo cada día máis vilipediados, sendo rexistrados cal delincuentes, as veces sobrepasando a honra do que, (ou da que) o sofre. Recibindo denuncias falsas que por moito que un proteste é imposible. Son moitos os que escribiron, ou deron novas falsas de comportamentos de afeccionados, e tras saberse que a verdade era completamente distinta, non rectificar. Non deixar entrar aos afeccionados ca camiseta, ou bufanda, do clube ao que admira, segue, e anima. Multar os cánticos de toda a vida, por insignificantes que sexan, e tendo en conta, que a salsa do fútbol, foi e será sempre a rivalidade sana antre afeccións. Sempre se dixo que os que fan follón nun campo ou nos seus aledaños son xente que nin vai o fútbol, e que se vai nen a animar, vai a facer albordo, como o fan nas manifestacións, sen ser do coletivo que se manifesta, ou noutros ámbitos.

As novas normas que a LFP adoptou para a volta a competición son deprimentes, son antifútbol e antideporte, son para que se xogue, só polos intereses económicos, para o engorde de “catro”. O fútbol é un deporte de contacto e por consiguinte nada recomendable para a pandemia que estamos a sufrir. É un deporte que se nutre dos afeccionados que van o campo a animar e levar en bolandas aos xogadores, que como todos sabemos, moitas veces, estes dan un “plus” e remontan un encontro qu tiñan máis ca perdido.

Nas normas que van a estabrecer ca idea de que o fútbol comece de novo na primeira semana de Xuño, cunha pretempada de 15 días antes, que ben poderían facer cada un na sua casa, con mil e unha prohibicións que destorsionan ata o infinito o que é un adestramento dun equipo. Xa aseguran que o fútbol será a porta pechada, pero que ninguén se esqueza, que esto non acaba máis ca empezar, ainda que baixen os contaxios, esto vai para longo e esperemos que non haxa un rebrote, como pode pasar, ou que chegue unha nova cepa mutada, ou outra completamente diferente. O COVD-19 é un primeiro aviso do que nos espera, e de seguro que en Setembro as ligas comezaran, (se comezan), tamén sen púbrico, e ata que haxa unha vacuna que asegure a saúde das persoas, ata nova pandemia, esto vai a ser así, e seguirán engordando eses “catro”, (algún clube incluido), pois a única vía será velo na televisión, o futuro do fútbol para os afeccionados é negro, moi negro a corto e medio prazo.

Non falla que cando se levante o confinamento, e se poda sair a rúa con máis facilidade ca de agora, se hai liga, os afeccionados irán a porta dos estadios a recibir e a animar dende fora cos seus cánticos o seu equipo, pero de seguro que neste país, no que a democracia deixou de selo fai tempo en moitos ámbitos, con prohibicións para un sinfín de cousas, a nivel laboral e cotiá, este feito da afluencia de afeccionados será prohibida, e para seguir ca fiscalización dos cidadáns, as multas serán unha maneira máis de “engordar” aos “outros”, ós que o fútbol non lles interesa nada máis ca polo que aporta de cartos, que o final son unha subespecie dos que rixen o fútbol.

Polo tanto o futuro é negro, para os afeccionados, socios, e simpatizantes, e como se ve…esto vai seguir sí ou sí e como dixo o “ínclito” : “Con gente o sin gente en los estadios”.

Quen sabe!…ao mellor, o fútbol acabará sendo eso, e evolucionará a un deporte para ver dende a casa, e as propias plataformas poderán manipular aos equipos que teñan contratados ao seu gusto, que como pensan máis de un xa pasa cas casas de apostas. Holanda deu por finalizadas as ligas e co marxe de tempo que hai ata Setembro, xa se verá como comezan.

O máis razoable, pensando no interese das persoas, pois se o fútbol e os equipos perden cartos, tamén os perde o da libraría do lado, o do bar, o do restaurante, o do hotel, o da tenda de cerámica, o agricultor, o gandeiro, o mariñeiro, o da tenda de roupa, etc, etc, etc…e posiblemente en moitos casos para non voltar a levantar cabeza.

Sea LFP e os clubes perden cartos anulando as ligas, (pois se son a porta pechada as plataformas vanse forrar o non haber máis remedio ca seguilas), que rebaixen o soldo e o gasto en fichaxes dos equipos, pois non creo que existan traballador que gane nun ano o que gana a maioría dos xogadores profesionais, nun mes, e nalgúns casos, nunha hora. Nen hai moitas empresas que gasten en materiais na sua historia, por longa que sexa, o que gastan moitos clubes nun só fichaxe.

-Texto e Foto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.