O MAPA PIRATA : “DE NADA A PEOR”.

 

Despois e moito tempo recuperamos a nosa sección de artigos de autor que desde fai moitos anos, xa dende os comezos da vella web alá polo 2007, demos por chamar “O mapa Pirata”.

Desta volta non podemos máis ca falar do fiasco que estamos a vivir e que se vía vir, acrecentado pola destitución de Fernando Vázquez, musicada por certo sector da prensa que “cubre” as novas do RC Deportivo, que consigueu o que buscaba.

 

 

Que esta plantilla está mal confeccionada xa o vimos tralos inicios. Fíxose un equipo de nomes e non de homes, ben e certo que o anterior ocupante da dirección deportiva quería un equipo de “homes e non de nomes”. Na primeira tirada cáseque o consigue, con xente decoñecida que se quedou a un gol do ascenso a Primeira División, pero en parte gracias a inextimable axuda de Martí, ao Real Mallorca da sua vida, ao que lle regalou o ascenso tras ter todo a favor para o ascenso deportivista. Hai que lembrar que a Martí tamén o trouxo o Carmelo.

Desta volta, o que xa se veu os poucos do inicio de liga, foi que Keko Gontán era o único que marcaba a diferenza. Mágoa a sua lesión, que por enriba é do máis odioso, pois o máis normal son as recaidas contínuas. Unha lesión, que tras estar ben acostuma a reactivarse o voltar a facer deporte con tensión.

 

 

Fernando consigueu que o equipo fose inexpugnable en defensa, e xa non era difícil facernos un gol, senón que xa era complicado que nos tirasen a porta, pero arriba a pólvora estaba mollada. Sen Kek que era o único que chegaba, desbordaba e centraba, o resto nada de nada. 

Claudio Beauveu, inoperante por caducado, Ñiku, exactamente igual, Rui Costa, comezou lesionado e cando entrou non amosou nada, o rapáz, Adri Castro, que xogou nestes derradeiros encontros, ainda non ensinou nada. Nacho González, un xoxgador que pasa desapercibido, polo inexistente da sua aportación, e Rola, moito ruido e poucas noces.

 

 

Nas bandas, Eneko Bóveda, parece que xa deu o que tiña que dar. Borges, estancado, Uche lesión tras lesión e Bergantiños aporta corazón e gañas, pero sen colaboradores. Salva Ruíz en banda esquerda, podería trocar o “z” do seu apelido, por un “n”, polo que está aportar.

Os canteiráns nen se fala deles polas gañas que lle meten, o que é grave cando se trata de xente que quer coller un sitio.

 

 

E sobre todo, tamén moi importante, as contas reais de antideportivistas que se fan pasar por deportivistas, e as falsas de Twitter, manipuladas para facer dano, como se fixo ata conseguir que botasen a Fernando, e na procura de presión, axudan a buscar a desestabilización e que a cousa vaia empeorando co paso dos días.

O final en poucos meses pasamos de nada, (pois parecía haber descontento polo xogo do equipo, indo primeiros), a peor que nada, cun conxunto que xa non se cre capáz de gañarlle a ninguén e que está a dilapidar as opcións a loitar polo ascenso, habendo sumado 2 puntos dos derradeiros 15.

Rubén de la Barrera chegou con moita ilusión, ideas e folgos renovados, pero esta plantilla mal confeccionada estalle a pasar factura, e os mesmos que xa o colocaron no sitio, antes de que firmase, xa está a botar “merda”, por enriba.

 

 

Desexámoslle toda a sorte do mundo e ogallá sexa ese deportivista que nós leve a onde ten que estar este clube, por historia e afección. 

Unha das solucións sería botar fora a media plantilla por incumplimento de traballo e traer xogadores dos que adoece o equipo : Un home que sepa sacar faltas e corners, un “killer” e un orgañizador. 

Fomos daquel suposto nada” a peor, e estade sguros que do peor ainda se pode ir a peor, pois o tocar fondo só existe cando te recuperas e vas a mellor, mentres, a caida a fosa abisal continuará ata que se rebote no fondo e se emerxa.

-Foto e Texto : piratasdemuxia