SD Oza 0-2 SCD Malpica
O Malpica saca un extraordinario resultado de cara o encontro de volta na loita co Oza por esa praza que falla decidir para a vindeira tempada xogar na Liga da costa. Un tanto de Aday aos 25 minutos de xogo poñía en vantaxe aos de David Baña, resultado co que se chegaba ao descanso.
Xa na segunda metade o gol que lle daba máis marxe de cara a volta chegaba por medio de Sergio no 82. Pouco despois os ocenses quedaban cun home menos o ver o segundo amarelo Dani Cotelo, (56´e 86´), o que representa unha baixa para os de Miguel Ángel Sande para o encontro de volta a vindeira semana na Pedra Queimada.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”